InicioPolíticaCorina Porro compara a Caballero cun dictador: "Asociacións, empresarios teñen medo... Están...

Corina Porro compara a Caballero cun dictador: “Asociacións, empresarios teñen medo… Están sometidos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xente en Vigo ten medo, porque senón quítanlles as subvencións”. A líder do PP vigués e delegada da Xunta en Vigo lanzou este martes unha mensaxe moi dura contra o rexedor, Abel Caballero, ao que acusou de prácticas cuasi fascistas e denunciou que ten “sometidos” a veciños e empresarios.

Nun almorzo informativo, Corina asegurou que houbo xente de asociacións veciñais e empresarios que lles dixeron que “teñen medo”. “Falas cun colectivo do mundo do deporte e dinche que non haxa cámaras porque se xogan o poder entrenar ou non”, suliñou.

“Tes que escoitar como o presidente dunha asociación veciñal, que é funcionario, pois que che diga se xoga a subvención e a súa situación. Iso é tremendo e custa dicilo…Iso é o que me encontrei cando cheguei. Non só asociacións, senón empresarios sometidos“, denuncia a dirixente popular.

Podes escoitala neste vídeo:

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...