InicioPolíticaSánchez anuncia que Abel Caballero renovará como presidente da FEMP

Sánchez anuncia que Abel Caballero renovará como presidente da FEMP

Caballero mostrouse "moi agradecido" no persoal tanto á dirección do partido como ao propio Pedro Sánchez por pensar nel para continuar como responsable da FEMP.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, repetirá mandato como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) ata 2023, anunciou este sábado o presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez.

“Será unha honra volver contar contigo para presidir a FEMP“, declarou Sánchez na súa intervención ante o Consello de Política Municipal do PSOE, congregado en Toledo. Caballero xa confirmara publicamente días antes que lle gustaría repetir no cargo, pero que a decisión competía ao seu partido, ao que lle toca presidir a institución.

A decisión formalizarase o próximo 21 de setembro en Madrid, no XII Pleno de FEMP, que servirá para elixir o seu presidente e votar as candidaturas dos equipos que liderarán a institución durante o próximo mandato 2019-2023, que se adaptarán aos resultados das eleccións municipais do pasado 26 de maio.

Os alcaldes e presidentes das Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares de toda España asociados á FEMP, asistirán ao Palacio Municipal de Congresos de IFEMA para facer balance do mandato concluído, presidido por Caballero, aprobar as pautas de traballo para o novo período e elixir os equipos que liderarán os órganos de goberno para o próximo cuadrienio.

O PSOE, como gañador das pasadas eleccións municipais de maio, ten a potestade de designar ao novo presidente e seguirá apostando polo vigués Abel Caballero, que nos comicios mellorou a maioría absoluta coa que goberna o consistorio.

A Xunta Directiva da FEMP é en calquera caso variada e acolle a cargos públicos de distintos partidos políticos, porque o sistema de elección no Pleno prevé que, salvo esmagadora maioría, sexan elixidos membros das dúas candidaturas principais e así se asegura unha representación plural. Na lexislatura que presidiu o socialista Abel Caballero, a vicepresidenta primeira era ata agora a alcaldesa de Logroño, Cuca Gamarra, do PP.

CABALLERO, “MOI AGRADECIDO”

Tras o anuncio do presidente do Goberno, Caballero mostrouse “moi agradecido” no persoal tanto á dirección do partido como ao propio Pedro Sánchez por pensar nel para continuar como responsable da FEMP e apuntou que, con independencia de que el esperase ou non esa noticia, “o importante é que o decidiron”, algo que agradece “moitísimo”.

No político, o alcalde de Vigo manifestou aos medios de comunicación que vai seguir traballando polo municipalismo, algo no que cre porque leva tantos anos no PSOE que aprendeu a crer nel.

ÚLTIMAS

Stellantis reduce a súa proposta de ERE para un máximo de 80 traballadores e o ERTE baixa de 85 a 75 días en 2025

A dirección de Stellantis Vigo fixo este venres unha nova proposta a sindicatos para os expedientes...

Caballero arremete contra Néstor Rego (BNG) por oporse á nova A-52: “Veñen a Vigo a mentir”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra o BNG e contra o deputado Néstor...

As borrascas destapan novamente o ‘bosque fósil’ da praia de Patos

A Praia de Patos (antes Praia D'Abra), en Nigrán, é famosa polo seu ambiente...

66 afectados con 25 días de indemnización por ano traballado, así é o acordo de ERE na Levantina

A filial de Levantina no Porriño, Levgranite, comunicou este xoves que alcanzou un acordo...