InicioSociedadeArbo organiza unha xura da bandeira para amosar a "defensa de España...

Arbo organiza unha xura da bandeira para amosar a “defensa de España e o seu apoio ás Forzas Armadas”

Tiveron lugar desfiles militares nun acto no que houbo unha homenaxe aos caídos “cunha emotiva ofrenda dunha coroa de loureiro adornada coas cores da insignia nacional”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Arbo celebrou este pasado domingo un acto de exhaltación da patria española na que participaron representantes dos tres exércitos do estado, así como representantes da Garda Civil, Policía, así como destacados dirixentes do PP da comarca, ademais do alcalde deste concello, Horacio Gil. Un evento que ten lugar en plena crise pola situación que se vive en Cataluña.

O acto tivo lugar no campo de futbol municipal con máis de 170 civís que xuraron bandeira e preto de 1.000 persoas como asistentes, segundo o concello. Entre eles estaban a Subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, o Subdelegado de Defensa de Pontevedra, o Coronel Ángel de Miguel Campos, os alcaldes de Arbo e Crecente, o Rexemento de Infantaría Isabel a Católica nº 29, a Compañía de Honras, Guións e Bandeirolas e a “Banda de Guerra” da BRILAT “Galicia VII”, ademais doutro persoal militar.

Tanto o Ministerio de Defensa, como a BRILAT, participaron activamente deste acto, logo da suspensión dun acto organizado pola Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios, cuxa delegación provincial en Vigo quixo promover as IV Manobras simuladas Millán Astray no municipio pontevedrés de Barro. Un evento que contaba, en principio, co apoio tamén da BRILAT e do Ministerio de Defensa e que provocou unha polémica na Deputación de Pontevedra tras financiar os cartaces.

“DEFENSA DE ESPAÑA”

Precisamente, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifestou o seu agradecemento á BRILAT, polo seu compromiso e implicación na organización desta xornada e ao Ministerio de Defensa por prestar a súa conformidade para que este acto se realizara en Arbo. “Fundamental para dar a coñecer á sociedade a importancia e utilidade da cultura de seguridade e defensa, así como para transmitir á cidadanía os profundos valores das Forzas Armadas”, suliñou.

Fotografía das persoas que participaron no acto de xura da Bandeira española en Arbo / Concello de Arbo
Persoas que participaron no acto de xura da Bandeira española en Arbo / Concello de Arbo

Máis de 170 civís participaron no acto do bico da Bandeira española. “Púxose de manifesto un paso máis na responsabilidade solidaria de todos os xurandos coa Defensa de España e o seu apoio ás Forzas Armadas”, destacou o Concello de Arbo.

A xornada pechouse cunha homenaxe aos caídos, cunha ofrenda dunha coroa de loureiro adornada coas cores da insignia española, que a Subdelegada do Goberno, Ana Ortiz e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, depositaron no monólito habilitado para o efecto.

ÚLTIMAS

A paralímpica Susana Rodríguez: “Ter unha ‘Barbie’ serve para poder compartir a miña historia”

A triatleta española Susana Rodríguez recoñeceu que é "unha pasada" ter unha boneca 'Barbie'...

Empregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións

Empregados de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte público de Vigo, saíron de novo este...

O Círculo de Empresarios avirte que o atraso do AVE do Eixo-Atlántico pon en risco outros investimentos

O Círculo de Empresarios de Galicia trasladou este venres a importancia de acelerar as comunicacións...

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...