InicioPolíticaGonzalo Caballero: "Corina Porro é a delegada de Feijóo en Vigo"

Gonzalo Caballero: “Corina Porro é a delegada de Feijóo en Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejióo, de pór o “aparello da Xunta a disposición do Partido Popular” para tentar “salvar os mobles” en futuras convocatorias electorais.

“Feijóo está moi asustado porque sabe que en todas as cidades os galegos dixéronlle que non e, por tanto, busca distintas opeacións mediáticas para poder salvar os mobles electorais cando non lle dan os votos”, asegurou en referencia aos resultados dos comicios xerais, municipais e europeos.

Tras iso, subliñou que Corina Porro “non é a delegada da Xunta en Vigo” senón que é “a delegada de Fejióo en Vigo”. “A señora Porro nunca defendeu os intereses da cidadanía de Vigo, nunca se opuxo a Feijóo para defender a Vigo contra as políticas de privatización da sanidade, contra as políticas de falta de investimento en Vigo”, apuntou.

Fronte a iso, asegurou que “a mellor forma de que Vigo conte para a Xunta é cambiar a un presidente que foi un gran inimigo de Vigo e dos intereses da cidadanía viguesa”. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...