InicioPolíticaOs socialistas queren que Feijóo "dea conta" do nomeamento Corina Porro no...

Os socialistas queren que Feijóo “dea conta” do nomeamento Corina Porro no Parlamento galego

Cualifican de "perigoso para a calidade democrática" que a exalcadesa de Vigo sexa delegada da Xunta na cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou este domingo que o seu partido impulsará este luns que os grupos da oposición soliciten a convocatorio da Deputación Permanente para que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “dea conta” da situación da exalcaldesa de Vigo Corina Porro, que foi nomeada delegada do Goberno galego na cidade olívica.

“A Corina Porro encárgaselle reconstruír o partido (PP) en Vigo e a continuación pónselle nas súas mans a delegación da Xunta nesa cidade, alimentando unha confusión que nos parece perigosa para a calidade democrática entre o plano político partidario e o institucional“, criticou Leiceaga este domingo en declaracións aos medios.

Para el, Feijóo “ten que dar explicacións”, polo que o PSdeG impulsará este luns que se produza a comparecencia do presidente galego na Deputación Permanente “para dar conta dos cambios na organigrama e para explicar esta confusión interesada entre a política partidaria e institucional”. “Cremos que non é o mellor que lle pode ocorrer aos cidadáns”, lamentou Leiceaga, xa que, ao seu xuízo, “a Delegación da Xunta ten que servir para todos os vigueses e non pode porse ao servizo do PP”.

Neste sentido, censurou a “resposta de Feijóo tras perder as dúas eleccións de carácter nacional que se celebraron en Galicia (xerais e europeas)”, onde o PP “pasou a ser a segunda forza”. “No canto de exporse unha reforma de Goberno, impulsar novas liñas e accións en materia de emprego ou vivenda, a resposta final queda en cambiar internamente de posicións a uns e outros e impulsar unha confusión entre a política partidaria e institucional”, insistiu o portavoz socialista.

VOLTA DE CORINA PORRO A VIGO

Preguntado sobre se a volta de Corina Porro a Vigo podería supor competencia para o alcalde socialista, Abel Caballero, Leicega ironizou con que nas pasadas eleccións municipais Caballero “practicamente eliminou a competencia (obtendo 20 dos 27 concelleiros)” e subliñou que “o temor non é polo resultado electoral”.

Tamén criticou que Feijóo “esperase a que o Parlamento acabase o seu período ordinario de sesións para anunciar estes cambios”, pero subliñou que no período extraordinario “existen instrumentos como a Deputación Permanente” que o PSdeG “vai mobilizar para que se dean as explicacións oportunas”.

Por iso, indicou que este luns “fará un chamamento” ao resto de partidos da oposición, polo que esperou que “todos estean de acordo”. Sobre se o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estaría nesa posible Deputación Permanente, indicou que “de momento” non forma parte dela pero “seguramente daría tempo” primeiro a crear o devandito ente e logo a que formase parte. “Se se producise un pleno extraordinario, sen dúbida estaría nel”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo acolle este sábado unha concentración contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...