InicioPolíticaMarea de Vigo pide que a nova maioría absoluta de Caballero non...

Marea de Vigo pide que a nova maioría absoluta de Caballero non baleire de contido o Concello

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, pediu este luns que a nova vitoria electoral de Abel Caballero (que reforzou a súa maioría absoluta con 20 edís) non baleire de contido o Concello olívico, no que os últimos anos de goberno socialista se caracterizaron pola “perda de calidade democrática”.

Pérez Correa volveu facer balance dos resultados dos comicios municipais, nos que o seu grupo perdeu un representante e pasou de 3 a 2 concelleiros, cuns 6.000 votos menos que hai 4 anos.

O candidato celebrou que nin Vox nin Ciudadanos lograsen representantes na Corporación olívica e expresou a súa esperanza de que o abafador apoio ao PSOE “non sirva para converter o Concello en algo baleiro de contido”.

A ese respecto, criticou a actuación do goberno de Abel Caballero durante todo o mandato e, especialmente, nesta campaña electoral “dopada”, aprazando investimentos e proxectos para concentralos nas semanas previas á cita coas urnas.

“Gustounos que todos os partidos xogásemos na mesma liga” afirmou, en alusión á presenza mediática de Abel Caballero “condicionada polo diñeiro que sae do Concello”, e engadiu que “non é moi democrático executar millóns de euros en 15 días” ou realizar “visitas que son inauguracións” de forma continuada nese período.

Por outra banda, Rubén Pérez volveu vincular os malos resultados de Marea de Vigo co conflito interno no seo da esquerda rupturista en Galica. “Levamos tres anos de conflitos e aínda que Marea de Vigo logrou sumar outras forzas (en alusión á integración de Podemos e Equo na candidatura), iso é un condicionante que cansa ao electorado”, incidiu.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...