InicioPolíticaENQUISA | A quen votarás nas eleccións municipais en Vigo?

ENQUISA | A quen votarás nas eleccións municipais en Vigo?

Preguntamos aos cidadáns vigueses se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais e a cal das once candidaturas que se presentan darán o seu apoio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo semella que será o gran fortín do socialismo galego nas vindeiras eleccións municipais. Abel Caballero non só revalidaría a súa maioría absoluta, senón que a fortalecería, segundo as últimas enquisas, cunha esmagadora vitoria que faría da cidade olívica un dos grandes feudos do PSOE en España.

Segundo un estudo de Infortécnica encargado por Radio Vigo, o PSOE podería conseguir até 18 concelleiros, un máis que nos comicios de 2015. A mesma enquisa dá unha baixada aos outros dos partidos que actualmente teñen representantes no consistorio vigués: PP e Marea de Vigo.

O Partido Popular pasaría de sete a só cinco ou seis concelleiros e Marea de Vigo podería perder un ou dous dos tres que ten actualmente.

Quen regresaría aos plenos do Concellos sería o BNG, que acadaría entre un e dous representantes.

Esta enquisa deixa no aire unha posible entrada na corporación de Ciudadanos e VOX, aos que da entre cero e dous concelleiros.

Outra enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia concede tres representantes máis ao PSOE, que pasaría de 17 a 20, sobre un total de 27, co índice máis baixo de indecisos de todas as cidades galegas: o 14,6 %.

Neste caso, a caída do PP sería máis notable, ao quedar con tan só catro concelleiros, tres menos que no 2015, mentres que Marea de Vigo pasaría de tres a dous e o BNG obtería unha acta. Esta enquisa non concede representación nin a Ciudadanos nin a Vox, nin a Compromiso por Galicia, partido animalista PACMA, Partido Comunista dos Traballadores de Galiza (PCTG), Escaños en Blanco e Ciudadanos de Galicia (ADCG), que tamén presentan candidaturas.

Galicia Confidencial e Xornal de Vigo queren coñecer a opinión dos seus usuarios con dereito a voto en Vigo, coa seguinte enquisa, na que preguntamos se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais de abril e a cal das candidaturas que se presentan na cidade darán o seu apoio.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...