InicioVigo e contornaO PorriñoUnidas Podemos reclama un plan integral de descontaminación do lindano no Porriño

Unidas Podemos reclama un plan integral de descontaminación do lindano no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, demandou no Porriño (Pontevedra) un Plan Integral de descontaminación do lindano, ante o “abandono dos poderes públicos”.

Nun acto de campaña, no que estivo acompañada por Pedro Ocampo, candidato á alcaldía de EU Son Porriño, lembrou que Esquerda Unida trasladou tanto á Xunta como á Comisión Europea a súa preocupación debido á necesidade de adoptar medidas ante o problema derivado deste pesticida.

Vanessa Angustia remarcou que existen medios dispoñibles para que as comunidades autónomas planifiquen estratexias de descontaminación e denunciou a “desidia da administración, que non fixeron ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos do lindano”.

“Preguntámonos: Hai diñeiro, hai proxecto… para cando un plan integral de descontaminación de lindano que garanta a saúde das persoas do Porriño?”, cuestionou Angustia.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...