InicioPolíticaAbel Caballero sobre as luces do Nadal: "Fue el mejor negocio de...

Abel Caballero sobre as luces do Nadal: “Fue el mejor negocio de toda la historia de la humanidad”

Xornada intensa para o alcalde, que ademais de recibir o premio dos hostaleiros anunciou o mitin de Pedro Sánchez na cidade e un concerto de Rick Astley en Castrelos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Provincial de Hostalería celebrou este xoves un acto de recoñecemento ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola iluminación do Nadal que, aseguraron, contribuíu a incrementar a ocupación hostaleira un 40%.

No acto, Caballero asegurou que o retorno económico do alumeado foi moito maior do que se investiu nas luces e, no seu particular estilo, dixo que o diñeiro adicado ás luces foi “el mejor negocio de toda la historia de la humanidad”.

Tamén lembrou que dous personaxes tan populares como o porteiro de fútbol Iker Casillas e a xornalista Sara Carbonero –parella– viñeron a Vigo no Nadal, atraídos pola publicidade que se fixo do alumeado e dos actos organizados na cidade.

“Vinieron a Vigo, con 18 millones de followers [seguidores en redes sociais]… Que como sigamos así enseguida los tenemos algunos, claro”, chanceou.

PEDRO SÁNCHEZ EN VIGO

Este xoves, o alcalde tamén celebrou que o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez (PSOE), volva a Vigo de campaña electoral, de cara aos comicios municipais e europeos.

“Quiero recordarles que Pedro Sánchez tuvo en Vigo su mejor resultado electoral de ninguna gran ciudad de España”, afirmou Caballero, que anunciou o acto político para o próximo martes, no pabillón de Navia, ás sete da tarde, onde “hablaremos de Vigo” e “del apoyo que le dan desde el Gobierno, desde la Zona Franca, desde la Diputación…”.

RICK ASTLEY EN CASTRELOS

O alcalde aproveitou para anunciar un novo concerto este verán en Castrelos: o 26 de xullo actuará Rick Astley, o cantante británico de música pop que alcanzó o seu maior éxito a finais da década de 1980. Será a primeira vez que actúe en Galicia.

Caballero presentouno como un “icono mundial en los años ochenta, pero mantiene su acción, su capacidad

Confimados están tamén os concertos de Lauryn Hill o 17 de xullo,  Tom Jones o 23, Fangoria o 24, Roger Hodgson o 29, Jared Leto e a súa banda o 1 de agosto.

ÚLTIMAS

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...

Municións, 20 quilos de haxix e máis de medio millón na desarticulación dunha banda criminal en Vigo e Ponteareas

A Policía Nacional desartellou unha rede de tráfico de drogas nun operativo con 6...