InicioPolíticaPP de Vigo aposta por incrementar as axudas para protectoras de animais...

PP de Vigo aposta por incrementar as axudas para protectoras de animais e fomentar a adopción de animais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, apostou por incrementar as axudas para asociacións e protectoras de animais e por pór en marcha campañas divulgativas que fomenten a adopción,a esterilización e o control dos animais.

Segundo recolleu o partido nun comunicado, a candidata á Alcaldía tamén avogou por crear “un servizo específico que loite contra os malos tratos animais” na cidade. Ademais, propuxo crear un rexistro de todos os animais e, en colaboración con Asociacións de Veterinarios, desenvolver campañas de vacinación.

Tamén apostou por abrir ata cinco parques caninos e delimitar dúas zonas que permitan a convivencia entre mascotas e o resto de usuarios no espazo de Praza da Miñoca. Así mesmo, expuxo recolocar a praia para mascotas da Calzoa e Foz para situala na parte final do areal de Samil co obxectivo de que o seu uso por parte dos animais non interfira co dos usuarios.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...