InicioPolíticaAbel Caballero cre que Sánchez vai arrasar en Vigo tras facer números...

Abel Caballero cre que Sánchez vai arrasar en Vigo tras facer números coa asistencia a mítines

Lembra que Pablo Casado reuniu a 400 persoas; Pablo Iglesias "a unhas 1.600" e Pedro Sánchez "a 4.000, 2.000 arriba e 2.000 abaixo", asegura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da agrupación socialista local, Abel Caballero, vaticinou este venres que o resultado de Pedro Sánchez na urbe olívica “vai ser excepcional“, e aludiu ás cifras de asistencia ao mitin que o candidato socialista ofreceu na cidade o pasado 16 de abril.

Segundo apuntou o rexedor, no mesmo escenario, o Auditorio Mar de Vigo, Pablo Casado reuniu a 400 persoas; Pablo Iglesias “a unhas 1.600” e Pedro Sánchez “a 4.000, 2.000 arriba e 2.000 abaixo” –a pesar de que o mesmo día do mitin do PSOE, fontes do partido cifraron a asistencia nunhas 3.000 persoas–.

“En Vigo, o resultado de Sánchez vai ser excepcional. As enquisas que coñezo danlle ben ao PSOE, pero hai espabilar”, aseverou, e criticou que o candidato do PP, Pablo Casado, “xa abertamente confesa” que estaría disposto “a gobernar coa extrema dereita”. “Se cadra é que está moi tocado”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...