InicioPolíticaMarea súmase ao BNG e denuncia tamén a propaganda de Abel Caballero...

Marea súmase ao BNG e denuncia tamén a propaganda de Abel Caballero en Faro de Vigo en período electoral

A coalición Son En Común, rexistrada para as eleccións municipais de maio e cuxa marca en Vigo é Marea, denunciou ante a Xunta Electoral de Zona a inserción dunha páxina de publicidade nun medio local por parte do goberno socialista de Abel Caballero, ao considerar que vulnera a normativa aplicable en época electoral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coalición Son En Común, rexistrada para as eleccións municipais de maio e cuxa marca en Vigo é Marea, denunciou ante a Xunta Electoral de Zona a inserción dunha páxina de publicidade en Faro de Vigo por parte do goberno socialista de Abel Caballero, ao considerar que vulnera a normativa aplicable en época electoral.

A denuncia de En Marea chega logo de que este domingo, o candidato á Alcaldía polo BNG, Xabier Pérez Igrexas, denunciase publicamente este feito, que considerou “escandaloso” e “obsceno”.

Marea e BNG denuncian o anuncio a toda páxina publicado no Faro de Vigo deste domingo, no que, baixo o epígrafe ‘Vigo, municipio polideportivo’, poden verse tres imaxes do rexedor rodeado de mozos deportistas de varias disciplinas. Ademais, as imaxes van acompañadas do texto “O Concello programa os mellores eventos para a promoción das modalidades”.

No escrito remitido á Xunta Electoral de Zona faise constar que na publicación dese anuncio se resaltan “supostas actuacións do goberno local, con especial énfase na presenza gráfica do alcalde de Vigo”. “Consideramos que esta publicidade vulnera a normativa legal de difusión de actuacións institucionais durante a convocatoria electoral municipal“, apuntou Marea.

Este grupo lembrou que a lei orgánica de réxime electoral (LOREG) establece que en período electoral non se pode facer propaganda mediante carteis ou insercións en prensa e outros medios, “non podendo xustificarse ditas actuacións polo exercicio das actividades ordinarias dos partidos, coalicións ou federacións”.

Do mesmo xeito, a lei recolle que, ata a celebración dos comicios, están prohibidos os actos organizados por poderes públicos que aludan a realizacións ou logros obtidos.

Precisamente, a vulneración desta ‘neutralidade’ levou hai unhas semanas á Xunta Electoral a apercibir tanto ao alcalde como á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que entón foron denunciados polo PP, partido que anunciou que tamén denunciará a publicación desa inserción publicitaria do domingo.

O candidato do BNG denuncia publicidade “escandalosa” do Concello en Faro de Vigo “por incumprir a normativa electoral”

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...