InicioVigo e contornaMosRajoy destaca o voto ao PP como "único útil", pois o resto...

Rajoy destaca o voto ao PP como “único útil”, pois o resto “quita escanos ao centrodereita”

PUBLICADO O

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy insistiu este sábado en reclamar o voto para o PP como “único útil”, xa que Pablo Casado, o seu sucesor como cabeza do partido, é “a única alternativa de verdade” ao Goberno de Pedro Sánchez “apoiado por independentistas e extremistas”.

Nun mitin-comida celebrado en Mos, onde volveu a aparecer no segundo día de campaña electoral, Rajoy advertiu que “calquera outro voto é un voto inútil, que divide, que lle quita escanos ás candidaturas de centrodereita, que non serve para nada e que impide o cambio”.

Estas palabras pronunciounas fronte a uns 1.000 simpatizantes do sur de Pontevedra que se achegaron a escoitar ao expresidente do Goberno. Á comida tamén asistiron a cabeza de lista dos populares pola provincia, Ana Pastor; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; e a expresidenta do Parlamento galego e candidata ao Senado Pilar Rojo.

Neste contexto, Rajoy lembrou que “hai meses abandonou a política activa tras case 40 anos asumindo responsabilidades distintas” en diferentes administracións –ademais do Executivo central, na Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, entre outras–. “Pero iso non significa que non me importe a xente do meu país nin a xente do meu partido”, apostilou.

“Hai cousas na vida que son para sempre, e para a miña o Partido Popular o é para sempre, e con moito orgullo”, expresou, para despois lembrar que el “non é candidato a nada”. “Esa foi outra etapa da miña vida“, aclarou, aínda que despois explicou que a súa presenza en Mos é para “pedir o voto” para os seus compañeiros.

Deste xeito, aproveitou para encomiar a Ana Pastor, quen baixo o seu mandato foi ministra de Fomento e presidenta da Cámara Baixa, como “a mellor candidata” por Pontevedra. “Non hai cabeza de lista ao Congreso por esta provincia que lle chegue onde estades a pensar a Ana Pastor”, chanceou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...