InicioPolíticaO Concello de Vigo di que Vox só busca "notoriedade" coa súa...

O Concello de Vigo di que Vox só busca “notoriedade” coa súa denuncia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo saíu ao paso das acusacións do partido de ultradereita Vox, ao que acusa de buscar “notoriedade” coa súa denuncia de que este consistorio lle puxo trabas para instalar unha mesa informativa.

O Goberno local subliña que a solicitude de Vox “está en prazo de contestación”, pois conta con rexistro de entrada do 27 de febreiro e o período de resposta é de dez días. E dirá que si a condición de que a formación política cumpra a normativa.

Sobre a resolución, sinala que “non é esta unha decisión política, senón dos técnicos da Concellería de Seguridade” de Vigo e incide na lexislación vixente do réxime electoral para concluír que “se esta forza política cumpre a normativa obterá a autorización correspondente”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...