InicioPolíticaRueda descarta unha nova moción de censura en Tui

Rueda descarta unha nova moción de censura en Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

O líder do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, descartou que se vaia producir unha nova moción de censura en Tui, logo da que tivo lugar a finais do pasado ano, cando o PPdeG, Ciudadanos e Converxencia 21 sumaron os seus votos para botar do concello ao socialista Enrique Cabaleiro.

Tras a decisión do xa ex concelleiro popular José Prada de saír do Grupo Municipal e de amagar con apoiar outra moción de censura para recolocar a Cabaleiro, Rueda deixou claro este xoves que esa posiblidade é remota. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, e preguntado por Xornal de Vigo sobre esta cuestión, suliñou que a lei invalida unha nova moción de censura.

O líder do PP provincial recoñeceu que en Tui “hai unha situación de inestabilidade” derivada derivada da marcha deste edil que entrou con posterioridade á moción que permitiu que o converxente Carlos Vázquez Padín se fixera co bastón de mando. “Tomou unha determinación de saír do partido, senón xa o faría o Partido Popular e o Grupo Municipal. Xa non forma parte del e aí están as consecuencias e a reacción no noso partido”, dixo Rueda.

DÍSCOLO DO PP

José Prada Álvarez impediuhai uns días, co seu voto contrario, que se aproben os orzamentos municipais de 2018, ao deixar en minoría de 8 votos ao goberno municipal, e sumar o seu rexeitamento aos votos negativos da oposición.

Carlos Vázquez Padín recibindo o baston de mando do ex rexedor Enrique Cabaleiro / FB tui

Así, aos 3 votos do PSOE, os 2 do BNG, os 2 de Alternativa Tudense e o do edil de SON de Tui, sumouse o voto contrario de Prada, cuxo ex grupo goberna en coalición con Converxencia 21, Cidadáns Tudenses e Alternativa Popular de Tui. Unha decisión que motivou a súa marcha do PP e que entrara a formar parte dos non-adscritos. Desde hai unha semana especulouse coa posibilidade dunha nova moción entre os grupos da oposición.

VETO AO PP ANTERIOR

O propio Vázquez Padín chegou á alcaldía de Tui en outubro de 2017 a través dunha moción de censura asinada por Converxencia 21, PP, Cidadáns Tudenses e Alternativa Popular de Tui, e relevou ao socialista Enrique Cabaleiro, a pesar de que o seu grupo tiña só dous concelleiros, fronte aos 3 do PP (grupo maioritario na oposición naquel momento).

Cando pactou a moción, unha das esixencias que expuxo para chegar a un acordo cos ‘populares’ foi que o PP renovase as súas caras e os edís non formasen parte de gobernos anteriores. A condición cumpriuse ata que, hai uns meses, José Prada incorporouse como concelleiro en substitución do edil de Vías e Obras, e o alcalde vetou a súa participación no goberno municipal polo seu pasado político.

Ese veto provocou unha tensión que se mantivo e se incrementou, e que desembocou no rexeitamento das contas municipais, que ascenden a algo máis de 8 millóns de euros, por 9 votos en contra e 8 a favor.

 

 

ÚLTIMAS

Ciencia en galego, Youtubeiros científicos e os perigos das Fakenews no ciclo ‘Ciencia de ida e volta’

Coa celebración do Día da Ciencia en Galego e dos días mundiais da Vida Silvestre,...

Os residentes no centro histórico de Vigo poderán solicitar un cartón para axilizar o acceso ás súas vivendas en Nadal

O Concello de Vigo expedirá desde o vindeiro luns cartóns aos residentes do centro da cidade...

Pacientes de Oncoloxía da área sanitaria de Vigo poderán tratarse en Ourense ante o incremento da demanda en radioterapia no Meixoeiro

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrece a pacientes de Oncoloxía da área sanitaria de...

FOANPAS volve denunciar o atraso nas bolsas municipais de comedor: “É insustentable, cada ano igual”

A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, denunciou este martes, de novo, os atrasos na tramitación...