InicioPolíticaFeijóo e Casado viaxan a Vigo para falar da "unidade de España",...

Feijóo e Casado viaxan a Vigo para falar da “unidade de España”, un tema que “preocupa” aos veciños

A cita será no segundo encontro de #forosvigo, unha iniciativa impulsada polo grupo municipal do PP e na que xa participou Adolfo Suárez Illana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os líderes nacional e galego do PP, Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo, serán os protagonistas da próxima cita de #forosvigo, que organiza o partido na cidade olívica. Alí falarán sobre unha cuestión “que preocupa aos vigueses e aos españois”, como é “a unidade de España”.

Así o confirmou este martes a presidenta local do PP, Elena Muñoz, quen lembrou que este é o segundo encontro desa iniciativa impulsada polos ‘populares’ vigueses, un proxecto inaugurado o pasado 30 de xaneiro coa charla ofrecida por Adolfo Suárez Illana sobre os 40 anos da Constitución.

Segundo sinalou Muñoz, este encontro (que terá lugar o xoves ás 18.45 horas na sede do Real Club Celta en Príncipe) versará sobre unha cuestión que “preocupa” aos españois, “como se viu na manifestación do domingo en Madrid”.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...