InicioPolíticaO BNG pide facer pública toda a información sobre o concerto con...

O BNG pide facer pública toda a información sobre o concerto con Povisa antes de darlle novas axudas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentará iniciativas no Parlamento para reclamar ao goberno galego que non firme un novo contrato con Povisa (o que está actualmente en vigor expira en abril de 2027) en tanto non se faga pública toda a información sobre o concerto, o destino do diñeiro que cada ano entrega a administración á empresa, detalles sobre as prestacións sanitarias ou sobre os cocientes de persoal.

Así o trasladaron nunha rolda de prensa a portavoz de Sanidade do BNG na Cámara galega, Montse Prado, o portavoz municipal nacionalista en Vigo, Xabier Pérez Igrexas. Prado lembrou que Povisa leva anos “engordando as súas contas”, actualmente cunha achega de cen millóns de euros anuais de fondos públicos, a cambio de “listas de espera interminables”, servizos “deteriorados”, “cocientes de persoal por baixo do mínimo recomendable” e “fuga de profesionais e pacientes”.

Neste escenario, denunciou que o goberno galego do PP “négase sistematicamente” a dar información sobre o concerto con Povisa ou a encargar unha auditoría pública, a pesar das reiteradas demandas do BNG. “Agora vemos por que, só quere garantirlle o negocio a Povisa”, denunciou, e comparou a relación entre o hospital privado e a Xunta cun caixeiro automático, no que a administración achega fondos á empresa “á conta dos petos dos galegos” cando esta os reclama. Por todo isto, ante a “opacidade” e “falta de transparencia” da Xunta, o BNG volveu a esixir que se faga pública a información antes de negociar un novo contrato, e advertiu de que esixirá “luz e taquígrafos” nesas negociacións.

“UNHA ANOMALÍA”

Mentres, o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, remarcou que, só o ano pasado, Povisa pechou o exercicio con case 7,5 millóns de euros de beneficios, “o que demostra quen gana” con este sistema de concerto, que é “unha anomalía” do sistema.

Tras lembrar que o hospital privado “en mans de capital estranxeiro” aumenta os seus ingresos e beneficios, a pesar da perda de poboación adscrita, denunciou a perda de calidade laboral e asistencial, e insistiu en que a única vía posible é que a administración “absorba” o centro e pase a formar parte da rede pública. “Isto sería un paso decisivo para reverter os recortes na área sanitaria”, apuntou. Así, pediu ao PP que “deixe de xogar coa saúde” da veciños da área de Vigo e que non use a Sanidade “para premiar ás súas empresas amigas”.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...