InicioPolíticaO PPdeG acusa ao Concello e a Zona Franca de atrasar a...

O PPdeG acusa ao Concello e a Zona Franca de atrasar a recuperación da ETEA

Os populares aseguran que “as únicas obras en marcha” son as que executa a Xunta no ámbito PS6.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PPdeG reivindicou que, “fronte ás dilacións inxustificadas do concello e de Zona Franca”, hai unha Xunta que “cumpre” coa urbanización da ETEA, ao tempo que incidiu en que “as únicas obras en marcha” son as que está a levar a cabo o Goberno galego no ámbito PS6.

En concreto, os populares urxiron ao Concello de Vigo e ao Consorcio da Zona Franca a “reafirmar o seu compromiso e avanzar, con pasos certos, na recuperación dos antigos terreos da ETEA”, tras, segundo denunciaron, demorar máis de oito meses a firma do convenio coa Xunta para a urbanización do ámbito PS1, considerado fundamental para actuar neste espazo e no que a Administración autonómica comprometeu un investimento de 10,5 millóns de euros.

Durante unha visita aos terreos, os parlamentarios populares Felisa Rodríguez e Miguel Fidalgo, acompañados da presidenta do PP local, Luisa Sánchez, aseguraron que “a única administración que está a cumprir con Vigo é o Goberno galego”. Neste sentido, recalcaron que, desde a primavera de 2025, “as únicas obras que están en marcha son as do ámbito PS6”, uns traballos que permitirán garantir a subministración dos servizos básicos para a construción da residencia pública autonómica para maiores que promoverá a Fundación Amancio Ortega.

Os deputados do PPdeG lembraron tamén que o Goberno galego tivo que “esperar máis de oito meses” pola firma do convenio para a urbanización do ámbito PS1, que é propiedade do Concello de Vigo. Ademais, criticaron que, tras ese atraso, e nun xesto que cualificaron de “manifesta deslealdade”, se organizase un acto público de sinatura ao que non se convidou á Xunta, pese a ser a administración que se comprometeu a investir 10,5 millóns de euros na urbanización desta área.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...