InicioPolíticaO BNG esixe retirar o plan de Zonas de Baixas Emisións de...

O BNG esixe retirar o plan de Zonas de Baixas Emisións de Vigo por “inxusto e recadatorio”

Xabier Pérez Igrexas propón facer de toda a cidade unha ZBE sen sancións nin restricións por vehículo e reclama un proceso participativo con alternativas reais ao coche privado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou este xoves a retirada do proxecto de Zonas de Baixas Emisións (ZBE) do goberno de Abel Caballero, por “inxusto, restritivo e socialmente regresivo”, e pediu se que leve a cabo un proceso participativo para implantar un plan integral que permita reducir o uso do vehículo privado. Nun comunicado, o grupo municipal nacionalista insistiu en que a formulación do goberno local é “unha mala copia de Madrid central” e celebrou que, a pesar de que estaba previsto para novembro, aínda non entrasen en vigor as ZBE en Vigo, que inclúen procedementos sancionadores nunha fase posterior en caso de incumprimentos.

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas reclamou “alternativas reais” ao uso do coche privado, coa mellora do transporte público e a promoción da mobilidade peonil e ciclista, recuperando espazos “para as persoas”. “Vigo non necesita un sistema de sancións, que serven máis para recadar que para transformar”, insistiu. Por iso, reiterou a proposta do seu grupo: facer de toda a cidade unha ZBE, pero sen restricións por tipo de vehículo.

Para iso, reclama un proceso participativo para lograr un modelo de consenso e pediu que se convoquen os consellos sectoriais de Transporte, Accesibilidade e Medio Ambiente, e o Consello Social da cidade, con foros abertos á cidadanía que permitan acordar “medidas reais e efectivas”. Para Pérez Igrexas, o modelo que quere “impor” Abel Caballero, baseado en catro zonas perimetradas con controis de acceso e sancións ata 200 euros, é “ineficaz” e “ineficiente” para reducir a contaminación.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...