InicioPolíticaRenuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

Dos sete concelleiros do PSOE que tomaron o cargo tras as eleccións municipais do 2023 (a alcaldesa socialista, Digna Rivas, goberna en minoría con 7 representantes e un concelleiro de AER), tres saíron da Corporación: Pilar Martínez, por motivos de saúde; María Castro, por discrepancias coa alcaldesa; e agora Iván Valles, tamén por motivos de saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo e á acta de edil por motivos “estritamente relacionados” co seu estado de saúde, segundo confirmaron fontes do goberno local de Redondela. Iván Valles tiña ao seu cargo as áreas de Deportes, Educación, Conservatorio e Mocidade, e explicou que a súa situación “se estaba prolongando máis do esperado”, o que supuña “unha sobrecarga de traballo” para os seus compañeiros de goberno. Por iso, ante o inicio do curso e das actividades, o edil optou por “dar un paso ao carón” para que outro compañeiro ou compañeira o releve. A súa renuncia debe ser trasladada ao Pleno da Corporación e, polo momento, non se coñece que persoa entrará no seu lugar.

Dos sete concelleiros do PSOE que tomaron o cargo tras as eleccións municipais do 2023 (a alcaldesa socialista, Digna Rivas, goberna en minoría con 7 representantes e un concelleiro de AER), tres saíron da Corporación: Pilar Martínez, por motivos de saúde; María Castro, por discrepancias coa alcaldesa; e agora Iván Valles, tamén por motivos de saúde. A seguinte na lista da candidatura do PSOE era María del Rocío Lorenzo, pero fontes municipais evitaron confirmar se asumirá a acta ou se será outra persoa a que entre na Corporación.

Tras renunciar ao seu cargo, Valles explicou que a súa renuncia busca “evitar especulacións” e agradeceu a confianza depositada nel por parte do goberno local, así como o apoio recibido por parte da Corporación, o persoal municipal e os veciños. Igualmente, tivo palabras de agradecemento especial para Digna Rivas, “pola súa comprensión, sensibilidade e apoio incondicional desde o primeiro minuto”. Pola súa banda, a rexedora de Redondela tamén agradeceu a Iván Valles o seu traballo e o seu “compromiso inquebrantable”, mellorando as condicións do deporte neste municipio “e creando novas oportunidades para todos e para todas”. Digna Rivas desexoulle “unha pronta recuperación”.

ÚLTIMAS

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...

Vigo creará un Observatorio da Vivenda coa UVigo e unha empresa pública para crealas

O Concello de Vigo aprobará a próxima semana un convenio con Universidade olívica para...

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...