InicioPolíticaO PP de Vigo volve pedir que se retire a Medalla da...

O PP de Vigo volve pedir que se retire a Medalla da cidade a Pardo de Vera, agora investigada xudicialmente

Está investigada pola Audiencia Nacional por suposta malversación e tráfico de influencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu reclamar este mércores a retirada da Medalla da cidade concedida á expresidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, agora investigada pola Audiencia Nacional por suposta malversación e tráfico de influencias. Os ‘populares’ xa solicitaran a retirada desta Medalla de Ouro de Vigo (concedida en 2022) a través dunha moción debatida no pleno ordinario do pasado 28 de abril. A súa proposta foi rexeitada polos votos contrarios da maioría do goberno local socialista, e coa abstención do BNG, que afirmou non compartir a concesión desa distinción pero rexeitou as motivacións esgrimidas polo PP.

Nese debate, o concelleiro do PP, Fernando González Abeijón, tachou de “humillante” que Pardo de Beira recibise esa Medalla, e a súa moción foi respondida os socialistas co cualificativo de “carroñera”, por “non respectar a presunción de inocencia” e pedir a retirada do recoñecemento en base a informacións que “apuntaban” a posible implicación da expresidenta de Adif en asuntos irregulares.

Agora, unha vez que se coñeceu a imputación (investigación xudicial) de Pardo de Beira, o PP reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que “abandone a súa complicidade” coa exdirectiva de Adif, e retírelle a Medalla “que lle regalou”. “Isto deshonra e deteriora o valor da Medalla da Cidade que lle regalou Abel Caballero. Un recoñecemento que ten e mantén co apoio, a complicidade e o consentimento do PSOE vigués”, profundou González Abeijón.

O concelleiro do PP, ademais, fixo un paralelismo entre a investigación que afecta a Pardo de Beira (pola contratación aparentemente irregular dunha expareja do exministro José Luís Ábalos) e a causa xudicial polo ‘enchufe’ dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal de Vigo, un proceso que acabou cun funcionario e un empresario condenados a penas de prisión. “Quizais por isto Caballero se lava as mans, porque co PSOE vigués empezou todo. Saben moi ben como vai iso de enchufar a persoas na administración, cobrando zumentos salarios sen nin sequera acudir ao seu posto de traballo”, proclamou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...