InicioPolíticaO Goberno de Vigo celebra que a Xunta "copie" o seu modelo...

O Goberno de Vigo celebra que a Xunta “copie” o seu modelo para mobilizar vivendas baleiras pero ve a medida “insuficiente”

O goberno municipal de Vigo instou á administración galega a utilizar os máis de 55 millóns de euros que ten "na súa caixa", procedentes de depósitos de fianzas, para dar máis garantías aos donos desas vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo ve “normal” que a Xunta de Galicia “copie” o seu modelo para mobilizar vivendas baleiras, achegando axudas aos propietarios para reformalas ou para cubrir gastos de seguros, aínda que advertiu de que a medida é “insuficiente” e instou á administración galega a utilizar os máis de 55 millóns de euros que ten “na súa caixa”, procedentes de depósitos de fianzas, para dar máis garantías aos donos desas vivendas.

Así o trasladou, nun audio remitido aos medios, a concelleira viguesa de Urbanismo, a socialista María José Caride, que sinalou que é “normal” que a Xunta copiase ao Concello olívico (que dá axudas aos propietarios para pór as vivendas no mercado), “ante o fracaso do Programa Realuga”, que só conseguiu mobilizar 9 vivendas en todo o 2024. Caride subliñou que a Xunta “ten na súa caixa, dos depósitos das fianzas dos contratos de aluguer, máis de 55 millóns de euros soamente dos contratos de aluguer dos últimos tres anos”, e pediu que se usen eses fondos parar “dar máis garantías aos propietarios das vivendas alugadas” e “facilitar o acceso de todo tipo de cidadáns aos contratos de aluguer”.

O goberno galego anunciou esta semana que destinará 5,7 millóns de euros a un programa para mobilizar 1.300 vivendas privadas e que se poñan en aluguer. Así, os propietarios poderán recibir ata 16.000 euros por vivenda para realizar reformas ou para cubrir os gastos de seguros de falta de pagamento. O Concello de Vigo, pola súa banda, ten en marcha un programa para axudar a propietarios a pór no mercado unhas 11.500 vivendas, con axudas de ata 8.000 euros e subvencións do certificado enerxético e do seguro de falta de pagamentos.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...