InicioPolíticaO PP de Vigo pide contratar unha asistencia técnica que supervise a...

O PP de Vigo pide contratar unha asistencia técnica que supervise a montaxe de atraccións un ano despois do accidente mortal de Matamá

O concelleiro popular Miguel Martín urxiu ao alcalde de Vigo a suplir esta falta de medios coa contratación dunha firma especializada, unha "práctica habitual" noutros municipios "moito máis pequenos e con menor capacidade económica".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo solicitou ao goberno local que contrate unha asistencia técnica externa que se encargue de supervisar a montaxe das atraccións nas festas de verán, tras o accidente que custou a vida a un mozo no Saltamontes, durante os festexos da parroquia de Matamá, en agosto do ano pasado (un accidente que está a ser investigado polo xulgado de instrución 3 de Vigo).

Así o trasladou o PP á Concellaría de Festas a través dun rogo formulado nas comisións informativas do presente mes de maio. O portavoz do grupo, Miguel Martín, reclamou ao rexedor socialista que cumpra coa Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, que obriga ás administracións locais a revisar e comprobar as atraccións de feira das festas populares. “Unha responsabilidade que o goberno de Abel Cabalero sacudiuse de enriba o ano pasado ao eludir o seu labor”, lamentou.

Neste sentido, o concelleiro popular urxiu ao alcalde de Vigo a suplir esta falta de medios coa contratación dunha firma especializada, unha “práctica habitual” noutros municipios “moito máis pequenos e con menor capacidade económica”. Para o PP de Vigo, o “desgraciado e fatídico” accidente ocorrido o pasado verán no ‘Saltamontes’ veu precedido dun “absoluto abandono de funcións deste goberno municipal”, xa que a atracción estivo a operar con total normalidade a pesar de non obter o correspondente permiso municipal de instalación.

O mesmo que xa pasara anteriormente nas festas de Beade, onde tamén estivo a traballar sen a autorización municipal pertinente. Ninguén supervisou en ningún momento a instalación desta atracción e, o que é peor, ninguén a obrigou a cesar a súa actividade por carecer de licenza”, criticou. Miguel Martín sinalou ao goberno local como “máximo responsable” de todo isto porque “súa é a obrigación última de facer cumprir a lei”. “Cousa que non fixo. Moi ao contrario, lamentablemente asistimos a un intento por tratar de lavar as mans e sacudirse de enriba a súa responsabilidade tratando vergonzosamente de imputarlla a outros”, engadiu.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...