InicioPolíticaO BNG volve pedir que se aproveite o fin da concesión de...

O BNG volve pedir que se aproveite o fin da concesión de bus urbano da cidade olívica para remunicipalizar o servizo

O edil do BNG pediu que se constitúa unha empresa municipal de transporte urbano, como se fixo noutra cidade, para cambiar o modelo de servizo, que actualmente presenta "enormes deficiencia", como a redución de 250 frecuencias desde a pandemia de Covid, un mapa de liñas "obsoleto", as condicións "precarias" do seu persoal, ou o feito de que ten o billete "máis caro" das cidades galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo volveu a pedir este martes que se remunicipalice o servizo de bus urbano na cidade, aproveitando o fin da concesión e a prórroga técnica que se dará á actual concesionaria, Vitrasa, mentres se licita un novo contrato (que entraría en vigor en xaneiro de 2026). Así o trasladou o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión co comité de empresa de Vitrasa, e reclamou que se aproveite esta “oportunidade” para converter este servizo nun servizo de xestión pública, algo viable á vista da “fortaleza económica” do Concello, “da que tanto presume o alcalde”.

O edil do BNG pediu que se constitúa unha empresa municipal de transporte urbano, como se fixo noutra cidade, para cambiar o modelo de servizo, que actualmente presenta “enormes deficiencia”, como a redución de 250 frecuencias desde a pandemia de Covid, un mapa de liñas “obsoleto”, as condicións “precarias” do seu persoal, ou o feito de que ten o billete “máis caro” das cidades galegas. Por outra banda, tras o anuncio do goberno local de que se iniciou a tramitación dunha nova licitación do servizo, Pérez Igrexas denunciou o “preocupante escurantismo” que rodea a este anuncio.

Así, lembrou que nada se sabe do estudo de mobilidade encargado polo goberno municipal e que, en teoría, ía servir de base para o deseño dos novos pregos e a actualización de liñas. Por outra banda, tamén censurou que se elevará o custo do servizo, que actualmente ten un custo duns 24 millóns de euros ao ano, pasando a custar 45 millóns; e alertou contra “posibles recortes” insinuados “de maneira sutil” polo goberno local, e que poderían afectar as conexións de bus nas parroquias. Finalmente, Pérez Igrexas criticou que se anuncie unha nova licitación do servizo con “nulo diálogo”, xa que hai 5 anos que non se convoca o Consello Sectorial de Transportes, e non houbo interlocución nin co movemento veciñal nin co comité de empresa da concesionaria.

ÚLTIMAS

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...

Patronal e sindicatos abren en Vigo a negociación do convenio do Metal

A cidade de Vigo acolleu este martes a primeira toma de contacto da mesa...