InicioPolíticaPleno de Vigo pide a Rueda o cesde de Diego Calvo e...

Pleno de Vigo pide a Rueda o cesde de Diego Calvo e “apoio” para esixir á RFEF as puntuacións de sedes do mundial

Os socialistas votan en contra dunha moción do PP para pedir á Federación os baremos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo aprobou este luns, só cos votos a favor do PSOE e a abstención do BNG e do PP, unha moción socialista para instar o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “apoio” para esixir á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) a publicación dos criterios e puntuacións das candidaturas presentadas polas cidades para ser sede do Mundial 2030.

Na moción, o PSOE tamén pedía a Rueda o “cesamento inmediato” do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; explicacións do presidente da Federación, Rafael Louzán, e o rexeitamento das declaracións da presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, cando falou das “carencias” da candidatura.

Foi o concelleiro Carlos López Font o encargado de defender esta iniciativa, insistindo no proxecto “sólido” presentado polo Concello e na suposta “actuación coordinada de inimigos da cidade” para excluír a candidatura olívica, apuntando cara a Louzán.

Pola súa banda, Xabier Pérez Igrexas, do BNG, tachou de “moi graves e preocupantes” as últimas informacións sobre as sedes do mundial, lamentando o “cruzamento de acusacións” e instando os socialistas a aceptar unha emenda para chegar a un acordo “unánime”, que foi rexeitada.

Desde o PP, Luisa Sánchez criticou que o PSOE busque “ruído mediático” no canto de que se aclare o ocorrido, insistindo en que o goberno de Abel Caballero “non conseguiu nada” nos últimos meses, tras coñecerse que Vigo quedou fóra das sedes do mundial.

Precisamente Sánchez foi a encargada de defender unha segunda moción sobre o tema debatida no pleno deste luns, que buscaba “tres acordos sen reproches” que pasaban por defender a candidatura de Vigo, esixir os baremos das votacións e abrir un proceso de interlocución entre Federación e Concello para tratar de solucionar a situación.

No entanto, o PSOE terminou por rexeitar esta moción, que contou co ‘si’ do PP e a abstención do BNG. Ao final do debate, Abel Caballero tomou a palabra durante preto de media hora para reiterar o seu rexeitamento á expulsión de Vigo como sede do mundial e para defender a candidatura como “excepcional”, atacando de novo á oposición .

CAMPAÑA DA RFEF

Por outra bandaa, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) anunciou este luns o lanzamento de ‘A coraxe das nosas’, unha campaña que rende homenaxe a esas ‘mulleres coraxe’ que forman o corazón de Galicia, “así no mar como no campo”, e con motivo do duelo entre as seleccións femininas de España e Portugal o próximo 8 de abril no Estadio ABANCA Balaídos de Vigo e correspondente á liga de Nacións.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...