InicioSociedadeXa hai datas para o desaloxo e posterior demolición das instalacións da...

Xa hai datas para o desaloxo e posterior demolición das instalacións da pirotecnia La Gallega

O día 28 retiraranse tódolos artefactos explosivos da sede de La Gallega en Baldráns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mércores 28 de novembro, ás 9 horas da mañá, procederase ao desaloxo do material existente na pirotecnia de Baldráns, logo de que no auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra recibido no Concello se dea un prazo improrrogable dun mes para proceder á execución total e completa da sentenza, mediante o desaloxo e baleirado das instalacións, e a súa posterior demolición.

Este martes ao mediodía o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, asinou un decreto no que ordena que se requira ao redactor do Proxecto de Demolición da Pirotecnia La Gallega en Baldráns a que de maneira urxente presente (o mércores 28) o proxecto de demolición da totalidade das edificacións existentes.

Do mesmo xeito, no decreto se ordena dar traslado do auto do xulgado tanto á Subdelegación do Goberno como á unidade de Intervención de Armas da Garda Civil para que procedan segundo o recollido no documento emitido polo xuíz. Fíxase o próximo mércores, 28 de novembro,para entrar nas instalacións da pirotecnia para realizar o desaloxo do material.

Unha veciña denuncia a incompetencia das administracións para atender aos afectados pola explosión de Tui / Miguel Núñez

Para iso notifícase á propiedade a que nesa data debe abrir voluntariamente a instalación. En caso contrario a Policía Local de forma coordinada cos TEDAX e coa Intervención de Armas da Garda Civil procederá a desprecintar as instalacións, entrará e realizará o traslado e eliminación de todo o material pirotécnico e explosivo que se atope no interior.

Unha vez completado o desaloxo iniciarase a demolición completa das instalacións, conforme ao proxecto encargado, para o que no decreto da alcaldía se ordena ao departamento de Contratación para que dada a “urxencia, gravidade e premura da situación conforme ao artigo 120.a da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público” formalice o contrato coa empresa Demoliciones y Desamiantados de Galicia SL para que realice estes traballos de forma inmediata.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, valora moi positivamente que se poida executar a sentenza de forma tan inmediata, ao implicar o xuíz á Subdelegación no desaloxo.

ÚLTIMAS

Stellantis reduce a súa proposta de ERE para un máximo de 80 traballadores e o ERTE baixa de 85 a 75 días en 2025

A dirección de Stellantis Vigo fixo este venres unha nova proposta a sindicatos para os expedientes...

Caballero arremete contra Néstor Rego (BNG) por oporse á nova A-52: “Veñen a Vigo a mentir”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra o BNG e contra o deputado Néstor...

As borrascas destapan novamente o ‘bosque fósil’ da praia de Patos

A Praia de Patos (antes Praia D'Abra), en Nigrán, é famosa polo seu ambiente...

66 afectados con 25 días de indemnización por ano traballado, así é o acordo de ERE na Levantina

A filial de Levantina no Porriño, Levgranite, comunicou este xoves que alcanzou un acordo...