InicioPolíticaLuisa Sánchez chama á unidade do PP vigués: "Non seremos a alternativa...

Luisa Sánchez chama á unidade do PP vigués: “Non seremos a alternativa mentres sigamos dubidando de nós mesmos”

Promete a militantes do PP de Vigo unha "política de proximidade" baseada no "contacto co territorio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

AA candidata a liderar o PP vigués Luisa Sánchez prometeu a militantes unha “política de proximidade” que estea “a pé de rúa” e “en contacto co territorio” para centrarse no “día a día das persoas”.

Así o expuxo este mércores nun encontro coas bases do partido, ao que acudiron decenas de simpatizantes. Alí, Sánchez deu a coñecer as principais liñas do seu proxecto, que pasan por “o contacto co territorio”, o desenvolvemento dun “programa de cidade” e unha optimización da comunicación interna e externa. Na súa intervención, tras agradecer o “ánimo e afecto” recibido desde que anunciou a súa candidatura, a política viguesa reivindicou a súa intención de “mirar á xente aos ollos” e coñecer “a cada persoa polo seu nome”, acudindo a cada barrio para coñecer directamente as necesidades que hai.

Para iso, segundo recolle nun comunicado, emprenderá unha nova rolda de visitas a barrios e parroquias de Vigo no mes de marzo co obxectivo de elaborar un “mapa de necesidades” que contribúa a expor “unha proposta para cada problema”. Por outra banda, para ela a unidade debe ser un “punto crave” para que o PP de Vigo se volva a erixir nun “partido líder”. Neste sentido, chamou a aprender do pasado para “compartir o futuro”. “Non seremos a alternativa mentres sigamos dubidando de nós mesmos. Non achegaremos nada á cidade mentres non saibamos organizarnos entre nós”, profundou.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...