InicioPolíticaO BNG critica a "xordeira autoritaria" de Caballero e pide que se...

O BNG critica a “xordeira autoritaria” de Caballero e pide que se escoite a veciños afectados pola nova autovía

Os nacionalistas mostraron o seu rexeitamento aos trazados previstos para estas dúas infraestruturas, xa que supoñen "importantes afectacións en parroquias rurais da cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo criticou a “xordeira autoritaria” do goberno local de Abel Caballero e do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e pediu que se escoite aos veciños afectados pola ampliación da autovía A-52 e polo proxecto de viario PO-010. Nun comunicado, os nacionalistas mostraron o seu rexeitamento aos trazados previstos para estas dúas infraestruturas, xa que supoñen “importantes afectacións en parroquias rurais da cidade”, polo que defenderon que se estuden “outras alternativas máis eficientes, sustentables e con menor impacto”.

“É indefendible que se pretenda impor un trazado sen o máis mínimo diálogo e sen abordar en serio outras posibilidades”, lamentou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión coa plataforma Bembrive en Pé. Igrexas avanzou que levará a cabo máis encontros con colectivos veciñais afectados ante a “xordeira autoritaria” do Concello e do Ministerio, “tratando de impor un percorrido para a nova autovía con graves impactos ambientais e sociais no rural vigués”. “Non podemos seguir tratando parroquias como Bembrive ou Beade como páramos que encher de asfalto ou cemento”, criticou o nacionalista, que pediu corrixir o trazado e liberar a peaxe da AP-9 no tramo que vai en paralelo á actual autovía.

ÚLTIMAS

Radiólogos de Vigo ven “insuficiente” a proposta de reforzo do Sergas e convocan unha concentración o luns 20

Radiólogos de Vigo cualificaron de "insuficiente" a proposta de reforzo exposta polo Servizo Galego de...

O comité da auxiliar de automoción Borgwarner convoca folga indefinida a partir do 15 de outubro

O comité de empresa da auxiliar de automoción Borgwarner, con centros de traballo en Vigo,...

Estas son as prazas aprobadas pola UVigo na súa OPE 2025 para persoal docente e investigador e de xestión e administración

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este venres a súa oferta pública...