InicioPolíticaO BNG pide a Caballero que "deixe de criminalizar a pobreza" e...

O BNG pide a Caballero que “deixe de criminalizar a pobreza” e a combata, no canto de “invisibilizala”

Todo iso despois de que Caballero criticase o "uso indebido, con okupas" do edificio da Avenida de Madrid que ata hai poucos anos acolleu a estación de buses, asegurando que supón "un perigo e un risco serio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que “deixe de criminalizar a pobreza” tras as “lamentables” declaracións realizadas polo rexedor sobre as persoas que “malviven” na antiga estación de autobuses. Todo iso despois de que Caballero criticase o “uso indebido, con okupas” do edificio da Avenida de Madrid que ata hai poucos anos acolleu a estación de buses, asegurando que supón “un perigo e un risco serio”, solicitando á Xunta que ceda os terreos ao Concello para evitar que sexa “un foco de marxinalidade”.

“Temos que esixir a Abel Caballero que cese na súa política aporofóbica porque o abandono institucional das persoas empobrecidas é tamén unha forma de violencia”, reclamou o portavoz do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, nun comunicado. Así, convidou ao alcalde a pasar unha noite ao aire libre “a ver se é capaz de soster esa frase infame de que dormen na rúa porque queren”.

“A pobreza en Vigo existe e non se resolve apartándoa da vista para invisibilizala, ten que combaterse con xustiza social”, defendeu Igrexas, subliñando que na actualidade hai máis de 60.000 persoas en risco de exclusión na cidade. Segundo as súas cifras, en Vigo hai unhas 200 persoas sen fogar, a pesar de que o albergue municipal dispón de menos de 40 camas. “A situación da antiga estación non é o problema, é o síntoma do problema: A falta dunha verdadeira política de inclusión social”, engadiu.

ÚLTIMAS

Tres contratistas afrontan xuízo en Vigo por presunta estafa tras cobrar 15.700 euros por unha reforma que non executaron

Tres contratistas serán xulgados este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra,...

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...