InicioPolíticaO BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a "inxusta exclusión" de...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a “inxusta e inxustificada” exclusión de Vigo como porto nodal na rede transeuropea de transporte, unha decisión que “resulta incomprensible”, cando a terminal viguesa cumpre “todos os requisitos”.

Segundo lembrou o deputado no Congreso, Néstor Rego, o porto de Vigo non só é o máis relevante da UE a nivel pesqueiro, senón que tamén lidera o tráfico estatal de vehículos, e é o máis importante de Galicia en tráfico de colectores. Por iso, os nacionalistas preguntarán na Cámara Baixa ao Ministerio de Transportes polas razóns desta exclusión, e polas medidas que vai adoptar o Goberno para garantir a súa inclusión na seguinte revisión por parte das autoridades europeas.

O BNG chamou a modificar os criterios actuais de selección, para que se valore non só o volume de toneladas dos tráficos, senón o tipo de mercadorías, xa que no porto olívico móvense mercadorías de gran valor engadido. Ademais, preguntará ao Executivo se adoptará medidas para compensar a perda de oportunidades da terminal viguesa. “A condición de porto nodal suporía importantes beneficios, reforzando a súa visibilidade nas rutas loxísticas internacionais”, engadiu o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, que engadiu que esa inclusión abriría tamén novas portas de financiamento.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...