InicioPolíticaCaballero volve chamar á participación no concerto reivindicativo do AVE: "Mostremos a...

Caballero volve chamar á participación no concerto reivindicativo do AVE: “Mostremos a forza de Vigo”

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico volveu a convidar os vigueses a participar nese acto "para reclamar o tren de alta velocidade directo a Madrid, e non dando a volta por Santiago", e insistiu novamente en que a cidade non dispón desa conexión porque "o PP lla negou, con Aznar, con Feijóo e con Rajoy".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu este luns a facer un chamamento á cidadanía para que participe no concerto reivindicativo que se celebrará nas próximas horas para reclamar un AVE directo a Madrid pola variante de Cerdedo. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico volveu a convidar os vigueses a participar nese acto “para reclamar o tren de alta velocidade directo a Madrid, e non dando a volta por Santiago”, e insistiu novamente en que a cidade non dispón desa conexión porque “o PP lla negou, con Aznar, con Feijóo e con Rajoy”.

Por iso, insistiu en convocar aos cidadáns ao concerto, que terá lugar na Porta do Sol ás 20.00 horas deste martes, coa actuación da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (Acopovi). Un concerto, remarcou, para “estar xuntos” e “mostrar a forza de Vigo”, fronte ao “castigo” do PP. “Primeiro Vigo, segundo Vigo e terceiro Vigo”, proclamou. Por outra banda, Abel Caballero tamén confirmou que este martes, ás 6.00 horas, porase en funcionamento o túnel directo entre o complexo Vialia e a autoestrada AP-9, de maneira que as persoas que queiran acceder ao centro comercial ou a estación non terán necesidade de entrar ao centro urbano, senón que o farán directamente ao aparcadoiro do complexo intermodal; do mesmo xeito, poderá saírse desde o aparcadoiro directamente á autoestrada.

OCUPACIÓN HOTELEIRA

Finalmente, o alcalde fixo referencia á ocupación hoteleira en Vigo durante a pasado fin de semana, e asegurou que o nivel de ocupación dos establecementos o sábado superou o 93 %, mentres que o domingo, foi de máis do 86 %. “Estamos a ter unha gran afluencia turística, que nin sequera o temporal foi capaz de frentar. Isto é o Nadal de Vigo: xeración de emprego, economía, e presenza no mundo, cun fenómeno inigualable en ningunha cidade do planeta”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...