InicioPolíticaBesteiro cre que o PP "confirma a culpabilidade" ao rexeitar que Feijóo...

Besteiro cre que o PP “confirma a culpabilidade” ao rexeitar que Feijóo compareza na comisión dos contratos

Os socialistas manterán o seu traballo na comisión aínda que "con todos os obstáculos que pon o PP" e subliñarán o seu compromiso de "buscar a verdade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que o Partido Popular “confirma a culpabilidade” ao rexeitar que o líder do PP e expresidente da Xunta, Alberto Núñeaz Feijóo, compareza na comisión que investigará no Parlamento de Galicia os contratos da Xunta durante a pandemia, co Grupo Eulen, así como o sobrecusto na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A preguntas dos medios durante un acto sobre financiamento autonómico organizada polo PSdeG en Santiago de Compostela con expertos na materia, o xefe de filas do PSdeG considerou que o PP “non quere que se investigue nada”.

Neste sentido, criticou que para os populares galegos sexa “máis interesante que veña o presidente de Cataluña –en referencia ao tamén exministro de Sanidade Salvador Illa– a falar sobre a construción do hospital de Vigo e ese sobre custo de 470 millóns que que acuda Alberto Núñez Feijóo”.

Así, sostivo que coa decisión de vetar a comparecencia de quen lideraba o Goberno galego cando se produciron os feitos que se queren investigar, “o PP acaba de confirmar a culpabilidade de Feijóo claramente”.

A pesar diso, afirmou que os socialistas manterán o seu traballo na comisión aínda que “con todos os obstáculos que pon o PP” e subliñarán o seu compromiso de “buscar a verdade”. Neste sentido, dixo que o seu grupo “non admite vetos e non admite tampouco componendas, como outros partidos”, polo que seguirán sen moverse da súa posición.

“Non queremos vetar a ninguén, pero tampouco consentimos que nos veten”, afirmou para insistir en que o importante é “coñecer a verdade do que ocorreu cos contratos que se fixeron durante a pandemia”. “Os contratos que cremos firmemente que beneficiaron a familiares, a persoas vinculadas co PP e a altos cargos populares”, como tamén “chegar ata o final” en relación ao sobrecusto do Hospital Álvaro Cunqueiro, “un sobrecusto non calquera, senón un sobrecusto de 470 millóns de euros”.

ÚLTIMAS

Máis de 13 anos para un ex Testemuña de Xeová por agredir sexualmente a dúas nenas vinculadas á súa congregación

A Audiencia de Pontevedra condenou a 13 anos e medio de cárcere a J.C.M.A.,...

Os acusados de construír ‘narcolanchas’ en Vigo e Portugal negan saber que se usarían para traficar con droga

Os acusados pola construción de ‘narcolanchas’ en naves de Vigo e do norte de...

O goberno de Vigo atribúe as críticas de PP e BNG polo caso Saltamontes á súa “desesperación”

O goberno municipal de Vigo saíu ao paso das críticas realizadas nos últimos días...

O Reggaeton Beach Festival cancela todos os seus festivais, incluído o de Nigrán, por problemas económicos

O Reggaeton Beach Festival (RBF) comunicou este xoves a cancelación da totalidade da xira...