InicioPolíticaA Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente...

A Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente mortal das festas de Matamá

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Valedora do Pobo enviou esta semana ao Concello de Vigo un segundo requirimiento para solicitar información sobre o accidente mortal ocorrido na atracción do Saltamontes nas festas da parroquia de Matamá, o pasado 3 de agosto.

A Valedora solicitou información respecto diso o pasado 9 de agosto e, o pasado 10 de setembro, enviou un novo requirimento para reclamar esa documentación. Ademais, o goberno vigués fixo valer a súa maioría absoluta para rexeitar, no pleno do pasado luns para vetar a creación dunha comisión municipal de investigación, solicitada polo PP, achega do sinistro. O PSOE acusou á oposición de pretender sacar rédito electoral do ocorrido e pediu respecto aos tempos do xulgado, encargado da investigación do accidente.

Ante o segundo requirimento da Valedora, o portavoz municipal do PP, Miguel Martín, denunciou a “falta de transparencia” do goberno de Abel Caballero, ao que acusa de manter unha estratexia “de sacudir as súas responsabilidades políticas e administrativas” en relación co sinistro.

Por outra banda, lembrou que “non é a primeira vez nin moito menos” que o goberno de Vigo “négase a colaborar con esta institución independente”, e apuntou que tampouco achegou información sobre o expediente de reequilibrio económico de Vitrasa.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...