InicioPolíticaO goberno local anuncia unha subida do 4 % en impostos e...

O goberno local anuncia unha subida do 4 % en impostos e taxas municipais por segundo ano consecutivo

Segundo confirmou este xoves o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo subirá en 2025 un 4 % os impostos e taxas municipais, segundo confirmou este xoves o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que asegurou que deben “adecuarse” eses impostos para facer fronte á revisión de contratos, incremento de custos dos servizos e actualización de salarios.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o edil socialista incidiu en que, con todo, e tendo en conta a evolución do IPC, os cidadáns igualmente terán un “aforro real do 9 %”. Con esta “adecuación” impositiva, Vigo sobe a súa presión fiscal por segundo ano consecutivo, xa que hai xusto un ano o goberno anunciou unha subida do 4 % para 2024, para adecuarse á situación postpandemia.

Así, a subida aplicarase ao IBI, ao Imposto de Actividades Económicas (IAE) e ao imposto de vehículos (rodaxe), aínda que se manteñen as bonificacións fiscais xa en vigor. Igualmente, incrementaranse en igual medidas as taxas municipais como a de expediciónd de documentos (menos o padrón, que será gratis), licenzas de obras ou a taxa do lixo, para “adaptar o importe á supresión da bonificación de Sogama”.

Tamén aumentarán os prezos para as escolas infantís e outras escolas municipais como as de música e artes escénicas (excepto a EMAO, que seguirá sendo gratuíta) e, do mesmo xeito, subirán un 4 % os prezos para o uso de instalacións deportivas municipais. En ambos os casos, mantiendo as bonificacións actuais.

Por outra banda, Aneiros anunciou que o Concello bonificará nun 95 % o imposto de construción para aqueles propietarios que vaian reformar unha vivenda para destinala a aluguer; e insistiu en que Vigo segue sendo a cidade de Galicia coa presión fiscal máis baixa e mantense con débeda cero, tras unha “conxelación” de impostos entre 2020 e 2023.

SOGAMA

Mentres, o alcalde Abel Caballero, pouco antes de que se coñecese esta subida de impostos, remitiu unhas declaracións aos medios nas que asegurou que o Concello asumirá o 80 % da subida da taxa do lixo “que impón Sogama”, ao incrementar o canon á administración local en 3,2 millóns de euros.

“Non llo imos a repercutir á cidadanía”, proclamou o rexedor, que tachou de “arrepiante” a subida desa taxa por parte de Sogama, “co beneplácito da Xunta de Galicia”. Para Caballero, esta é unha nova mostra de que “o presidente Alfonso Rueda está a esquilmar” a cidade de Vigo.

PROPOSTA DO PP

Finalmente, o grupo municipal do PP en Vigo fixo pública este xoves unha proposta de redución de impostos de polo menos o 4 %, e deixar o IBI no tipo mínimo, para pór fin “ao afaán recadatorio” do goberno de Abel Caballero.

A concelleira ‘popular’ Patricia García afeou ao rexedor que presuma de presupostos marca “sen mencionar o outro marca”, que é a presión impositiva á que somete aos cidadáns.

O PP expuxo, así mesmo, unha bonificación do 95 % para as vivendas de aluguer social e eximir do pago da taxa de lixos aos pensionistas con ingresos anuais inferiores aos 15.000 euros.

ÚLTIMAS

Un condutor recibe o impacto dunha pedra despois de pasar por debaixo dunha pasarela na AP-9 en Vigo

Un condutor recibiu na mañá deste venres o impacto de pedra tras pasar por...

Abel Caballero enxalza a figura de Salvador Illa por traer a “tranquilización e normalización” de Cataluña

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves senllos encontros co alcalde de...

Visto para sentenza o xuízo Karar que afecta a 28 acusados de traficar con 3,8 toneladas de cocaína

O xuízo polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína transportadas no buque 'MV Karar'...

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...