InicioPolíticaRueda a Caballero: "Supoño que se está adaptado ao novo clima coa...

Rueda a Caballero: “Supoño que se está adaptado ao novo clima coa Xunta, aínda que non lle sae de todo”

O presidente galego responde así tras as críticas de Abel Caballero que denuncia que Vigo non recibe fondos Next Generation xestionados pola Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tras o consello da Xunta de hoxe, o presidente Alfonso Rueda respondeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que o seu concello é o que “máis está a recibir” dos fondos europeos Next Generation que xestiona Galicia. E é que o rexedor olívico, nunha entrevista concedida o domingo á Cadea Ser, criticou a asignación “sectaria” de fondos europeos que considera que fai a Xunta porque “practicamente”, afirmou, non chegou nada ao Concello.

Rueda cre que este asunto “se constesta por si só” se se ten en conta que, tal e como afirmou o presidente, Vigo é o municipio “que máis fondos está a recibir”. Por tanto, enmarcou estas críticas de Caballero en que “aínda se está adaptando a ese novo clima” de colaboración entre ambas as administracións iniciado coa súa reunión hai dúas semanas.

“Creo que, como se está adaptando aínda, ás veces non lle sae ben de todo. Supoño que irá mellorando”, ironizou o titular da Xunta, quen rexeitou que haxa un “comportamento sectario” coa repartición dos fondos.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...