InicioPolíticaO BNG denuncia que Caballero "non ten intención" de resolver as incidencias...

O BNG denuncia que Caballero “non ten intención” de resolver as incidencias do Nadal anterior

O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, considera "un paripé" e unha "tomadura de pelo" as manifestacións de Abel Caballero que, hai uns días, asegurou que haberá un total control da contaminación acústica e que se adoptaron medidas para reducir as molestias de actividades e eventos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo denunciou este mércores, tras analizar o expediente da programación do Nadal 2024-25, que o goberno municipal “non ten ningunha intención” de resolver as “graves incidencias” detectadas en campañas do Nadal anteriores, ao non incorporar á nova programación “ningunha das medidas adicionais” propostas por unha decena de servizos municipais e seguir sen antender as demandas dos veciños. Por iso, o portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, considera “un paripé” e unha “tomadura de pelo” as manifestacións de Abel Caballero que, hai uns días, asegurou que haberá un total control da contaminación acústica e que se adoptaron medidas para reducir as molestias de actividades e eventos.

Segundo apuntou, a pesar de solicitar informes a diferentes departamentos municipais (Medio Ambiente, Turismo, Policía Local, Parques e Xardíns, etc.), o goberno local “non moveu nin unha coma” da súa proposta inicial, e o BNG esixiu que modifique a programación para introducir as achegas deses departamentos e as dos propios veciños. “Estamos a tempo de evitar que o Nadal volva converterse nun calvario inseguro e insoportable para a cidade”, destacou Pérez Igrexas. O concelleiro do BNG lamentou que a programación se limita a reiterar medidas parciais contra o ruído anunciadas en 2023, pero non que non evitaron “graves trastornos” aos veciños residentes na zona centro. De feito, alerta de que o documento aprobado pola Xunta de Goberno “abre a porta a incumprir a normativa” ao indicar expresamente a posibilidade de “suspender provisionalmente os obxectivos de calidade acústica”.

Por outra banda, criticou que se contemplen “cero medidas” para evitar o “caos de tráfico” e unicamente fálase da necesidade de realizar un Plan de Tráfico sen incorporar ningunha das medidas propostas polos departamentos correspondentes. Do mesmo xeito, indicou, seguen sen incluírse pasos seguros para os vehículos de emerxencia, nin se contempla ningunha actuación para refozar o operativo de seguridade para que non sexa persoal voluntario ou de Protección Civil o que exerza funcións de control do tráfico. Finalmente, Pérez Igrexas lamentou que o goberno municipal insiste en “torturar” o arboledo coa instalación de luces, e que consente o “comportamento pirata” do mercadillo da Praza de Compostela, que provocou outros anos problemas de salubridade.

ÚLTIMAS

O dono do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal en Matamá acóllese ao seu dereito a non declarar

O propietario do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal o verán pasado...

Detidos en Vigo relacionados cunha rede de distribución de imaxes íntimas de mulleres

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias...

Sindicatos denuncian un ambiente de traballo “insoportable” en VigoNature e unha progresiva “privatización”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou un ambiente de traballo "insoportable" no...

Mondra musicará en Cans ‘Miss Ledya’, primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que actúa Castelao

O cantante Mondra musicará no Festival de Cans a cinta muda 'Miss Leyda', película de 1916 considerada a...