InicioVigo e contornaRedondelaA alcaldesa de Redondela asegura que incorporará á PXOM as alegacións...

A alcaldesa de Redondela asegura que incorporará á PXOM as alegacións posibles tras recibir 1.300

O equipo redactor da PXOM está xa traballando no estudo das alegacións para analizalas e categorizarlas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, manifestou a súa “firme intención” de incorporar ao plan xeral de ordenación municipal (PXOM) “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”, tras recibir máis de 1.300 durante o tres meses de exposición pública que finalizaron o pasado venres, día 21 de xuño.

Así o sinalou este martes Rivas en rolda de prensa, onde mostrou a súa “satisfacción” de que tantos veciños, asociacións e colectivos presentasen as súas alegacións, “xa que desde o Concello fíxose un gran esforzo para trasladarlles toda a información, co asesoramento dunha oficina técnica aberta todos os días durante o prazo de exposición pública”.

“O noso obxectivo era dar a coñecer a PXOM aos veciños con todos os recursos posibles, para que tivesen toda a información e o asesoramento posible, e que puidesen presentar as súas alegacións coas maiores garantías. Vistos os resultados, conseguímolo”, subliñou a rexedora, segundo recolle o goberno local nun comunicado.

A partir de agora, o equipo redactor da PXOM está xa traballando no estudo das alegacións para analizalas e categorizarlas. Unha vez feito o traballo previo, no último trimestre deste ano levará a cabo unha reunión cos técnicos municipais e o goberno local para avaliar esas alegacións.

“A PXOM é un documento que fan os técnicos, non os políticos, que está condicionado por lle Lei do Chan de Galicia e é a Xunta a que finalmente ten que aprobalo”, explicou Rivas, indicando que se pretende engadir todas as alegacións posibles coa idea de crear “unha Redondela de futuro, na que as parroquias poidan crecer e contar cos servizos necesarios”.

Na rolda de prensa tamén estivo presente o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, quen indicou que a PXOM non só está condicionado pola lei, senón polas múltiples infraestruturas que afectan a Redondela, como a AP-9, o aeroporto de Peinador ou as liñas do ferrocarril que limitan os usos do chan. Isto, unidos a unha orografía complexa con moitos desniveis “impiden establecer grandes áreas industriais no municipio”, segundo Cabaleiro.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Pleno de Vigo pide a Rueda o cesde de Diego Calvo e “apoio” para esixir á RFEF as puntuacións de sedes do mundial

O pleno de Vigo aprobou este luns, só cos votos a favor do PSOE e...

Covocado un paro en Aimen este martes para denunciar a súa perda de poder adquisitivo

O persoal do centro tecnolóxico Aimen, con sedes no Porriño (Pontevedra), anunciou a convocatoria dun...

Piden 11 anos de prisión para un home acusado de agresión sexual e de roubo con violencia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

Abel Caballero asegura que o Goberno cumpre “os prazos” e o AVE Vigo-Madrid “avanza a toda velocidade”

Segundo o rexedor olívico, esta mesma semana a Avogacía do Estado emitiu o informe...