InicioPolíticaO Porriño, moi presente na candidatura ás Europeas de Escaños en Blanco

O Porriño, moi presente na candidatura ás Europeas de Escaños en Blanco

O xubilado porriñés José Ángel Carrera Alves vai de cuarto nesta candidatura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O próximo 9 de xuño de 2024 celebraranse as eleccións ao Parlamento Europeo. Hai multitude de partidos e multitude de candidatos. Un deste partidos é a plataforma Escaños en Blanco, entre cuxos postos de saída ten ao porriñés José Ángel Carrera Alves, quen ocupa o cuarto lugar na lista.

José Ángel Carrera Alves é Profesor Mercantil xubilado, cunha destacada traxectoria en empresas como o Grupo Zeltia, o Grupo Porfirio González e Santa Lucía, onde finalizou a súa carreira laboral. Ademais, foi membro activo de diversas asociacións e participou en numerosas manifestacións sociais, destacando o seu involucramento co Grupo de Traballo da Independencia de Timor. 

O partido Escaños en Blanco centra a súa campaña na idea de deixar escanos baleiros en Europa, propoñendo que votar en branco é menos efectivo que optar pola súa papeleta, a cal garante que eses escanos non serán ocupados. O obxectivo é controlar o gasto público priorizando os investimentos sociais en sanidade, educación, cultura e vivendas sociais, ademais de protexer ás persoas máis vulnerables.

Carrera Alves e Escaños en Blanco promoven unha democracia participativa na que o pobo teña voz en todas as decisións que lles afectan. O partido defende a necesidade dunha política auténtica, con menos enfrontamentos, control do malgaste monetario para evitar a corrupción, e unha maior implicación do pobo na toma de decisións. 

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...