InicioPolíticaCaballero aplaude a luz verde estatal á obra de Avenida de Madrid...

Caballero aplaude a luz verde estatal á obra de Avenida de Madrid e avanza a reforma da autovía Vigo-Porriño

O Concello "xa está no proceso de licitación" da obra, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes que Goberno de España deu luz verde ao proxecto de reforma da Avenida de Madrid, no que se investirán máis de 17 de millóns de euros, e incidiu en que o Concello “xa está no proceso de licitación” da obra. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que o Executivo central xa asinou o proxecto de reforma desa vía, unha das principais arterias de entrada á cidade, e estao “remitindo” ao Concello.

A administración municipal, asegurou o alcalde, “xa está no proceso de licitación” das obras, uns traballos que, tal e como o propio Caballero informou fai un par de semanas, comezarán despois do próximo Nadal, é dicir, en 2025. O primeiro edil vigués lembrou que a reforma da Avenida de Madrid custará máis de 17 de millóns de euros (incluído o proxecto, que pagou o Goberno), dos que o Concello achegará uns 5 millóns, e o resto será sufragado pola administración central.

REFORMA INTEGRAL DUN TRAMO DA A-55

Por outra banda, o alcalde de Vigo avanzou que o Ministerio de Transporte está en proceso de licitar pola vía de urxencia un contrato de 6 millóns de euros para acometer a “rehabilitación integral” da autovía A-55 entre a cidade e O Porriño. O proxecto, asegurou o rexedor, inclúe tamén actuacións na VG-20 e nunha parte da A-52, e dado o procedemento de emerxencia os prazos para a súa execución serán “breves”. “De novo o Goberno de España atende as formulacións que lle facemos desde Vigo”, celebrou Caballero.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...