InicioPolíticaVigo é a cidade elixida polo BNG para arrincar a precampaña das...

Vigo é a cidade elixida polo BNG para arrincar a precampaña das europeas

Segundo trasladou a f.ormación nacionalista, concorre a estes comicios "co obxectivo de reforzar un escano" que considera "a única garantía de que Galicia teña voz propia en Europa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG arrincará este domingo a precampaña das eleccións europeas cun “encontro nacional” que contará coa presenza da portavoz nacional, Ana Pontón, e os candidatos Ana Miranda, Bieto Lobeira, Roberto Pascual e Roxelio Santos. O encontro terá lugar no Auditorio Mar de Vigo e con el ábrese o calendario de actos de cara á cita coas urnas do próximo 9 de xuño, para a que o BNG avanza “unha campaña 100 % galega, centrada na valoración do traballo realizado ao longo dos últimos anos” e na que se explicará “todo o que se xoga Galicia” en sectores estratéxicos como o agrogandeiro, o pesqueiro ou o vitivinícola. Tamén anuncia que abordará cuestións como as infraestruturas, as conexións con Portugal ou a rexeneración das rías.

Segundo trasladou a formación nacionalista, concorre a estes comicios “co obxectivo de reforzar un escano” que considera “a única garantía de que Galicia teña voz propia en Europa”, cunha candidatura encabezada novamente por Ana Miranda, de quen destacou o seu “incansable e rigoroso labor” en defensa de Galicia, e con outros candidatos “referentes” en ámbitos como o académico, o social, o cultural ou o ambiental.

Nas súas intervencións no acto do domingo, Ana Miranda e Ana Pontón abordarán a necesidade de “darlle máis forza ao escano nacionalista” para defender os intereses de Galicia en Europa “pero tamén para velar polos avances sociais e os dereitos da clase traballadora nas institucións comunitarias”, nun contexto de crise de prezos. Ademais, o BNG reafirma o seu compromiso “coa construción dunha Europa dos pobos”, que non sexa “unha mera comparsa de Estados Unidos e da OTAN”, senón que defenda “un mundo máis libre, máis xusto, máis solidario e en paz”.

ÚLTIMAS

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...

O BNG de Vigo pide revisar o plan de mobilidade da cidade para reducir os niveis de ruído e contaminación

O BNG de Vigo pediu este venres unha revisión do plan de mobilidade urbana...