InicioPolíticaO BNG urxe ao Goberno executar obras de reforma no Instituto de...

O BNG urxe ao Goberno executar obras de reforma no Instituto de Oceanografía de Vigo: “O persoal vese obrigado a traballar no salón de actos”

A senadora do BNG, Carme da Silva, rexistrou unha batería de iniciativas para as respostas escrita por parte do Goberno central en relación ao "estado actual de deterioración e os problemas estruturais" do Instituto de Oceanografía de Vigo (IEO).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A senadora do BNG, Carme da Silva, rexistrou unha batería de iniciativas para a resposta escrita por parte do Goberno central en relación ao “estado actual de deterioración e os problemas estruturais” do Instituto de Oceanografía de Vigo (IEO). En concreto, Da Silva quere saber como se atopa o proxecto de rehabilitación do centro e a construción da nova planta de cultivo, así como se o Goberno está disposto a “priorizar e axilizar as obras”, e solucionar “de forma urxente” o “mal estado do centro, que mesmo está a comprometer a seguridade do persoal”. “Consideramos que non se pode demorar nin aprazar máis esta actuación ante o estado de abandono e de ruína” do centro, denuncia a senadora do BNG.

Carme da Silva lembrou que “a deterioración e o mal estado das dependencias do IEO é motivo de preocupación desde hai moito tempo”, especialmente por parte do persoal do centro, “que ve ameazada a súa seguridade cando acoden a diario ao desempeño da súa actividade”. “Están a verse obrigados a traballar no salón de actos, levar casco nunha das dependencias debido á caída de cascotes e soportar un aire viciado, posto que non funcionan os sistemas de ventilación”, exemplifica.

A mediados de febreiro de 2023, o BNG xa rexistrara no Congreso iniciativas para a súa contestación por escrito. Naquel momento, lembrou Da Silva, o Ministerio sinalaba que ao longo de 2023 realizara o estudo estrutural dos edificios de cultivo e edificio principal do IEO en Vigo, ademais dos estudos topográficos e geotécnicos e unha auditoría das instalacións do edificio principal. “Con todo, aínda non se licitou o proxecto para demoler a planta de cultivo, e está pendente a redacción do proxecto de rehabilitación do edificio principal e a construción da nova planta“, lamentou.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...