InicioPolíticaCaballero urxe á Deputación de Pontevedra a firma do convenio da bancada...

Caballero urxe á Deputación de Pontevedra a firma do convenio da bancada de Gol de Balaídos

O alcalde prometera, no seu día, que toda a reforma de Balaídos estaría acabada en 2023, ano no que se celebrou o centenario do Celta. Con todo, aínda está pendente de iniciarse a reforma da bancada de Gol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu á Deputación de Pontevedra a firma do convenio para o cofinanciamento da bancada de Gol do estadio municipal de Balaídos. Nun audio gravado e remitido aos medios de comunicación, o rexedor lembrou que hai dous meses o Concello enviou o convenio ao ente provincial e aínda “non hai resposta”. “Non o toman con moita présa e están a atrasar o proxecto”, criticou.

Caballero insistiu na importancia desta obra, indicando que canto antes se faga “mellor será para o Celta” e para os afeccionados ao fútbol. O alcalde prometera, no seu día, que toda a reforma de Balaídos estaría acabada en 2023, ano no que se celebrou o centenario do Celta. Con todo, aínda está pendente de iniciarse a reforma da bancada de Gol.

No mesmo audio, Caballero anunciou que enviou esta semana unha nova proposta de convenio á Deputación para o financiamento de diferentes obras na cidade, por un valor de 5 millóns de euros, do mesmo xeito que ocorría cando Carmela Silva (PSOE), presidía o goberno provincial.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...