InicioPolíticaA Xunta prorroga un ano o convenio para a novo PXOM de...

A Xunta prorroga un ano o convenio para a novo PXOM de Vigo entre críticas de Rueda ao Concello

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que estaba prevista a aprobación do novo PXOM para este ano, pero "non vai ser así polo ritmo de tramitación que está a levar o Concello", pois considera "imposible" que o visto e prace do pleno municipal chegue antes de que termine o ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta autorizou prorrogar por un ano máis a vixencia do convenio para o financiamento dos traballos de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo.

En rolda de prensa posterior ao Consello que deu luz verde este mércores á prórroga, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que estaba prevista a aprobación do novo PXOM para este ano, pero “non vai ser así polo ritmo de tramitación que está a levar o Concello”, pois considera “imposible” que o visto e prace do pleno municipal chegue antes de que termine o ano.

En cambio, defende que o Goberno galego “demostrou desde o principio con feitos a súa vontade” ao resolver “sempre” en prazo os trámites. O Consello acordou asinar unha nova adenda ao convenio subscrito en 2017, a cuarta ata agora, dado que o plan xeral atópase aínda pendente de aprobación provisional.

Tras a anulación xudicial do PXOM de 2008, o Goberno galego e Concello de Vigo asinaron un acordo polo que se reparten ao 50 % os custos de elaboración do novo plan. Inicialmente, fixouse en catro anos a vixencia do convenio, de 2018 a 2021, ano no que tiña que aprobarse definitivamente o plan, aínda que se tivo que prorrogar por primeira vez en 2021 para estendelo ata este mesmo ano. Agora, o convenio amplíase ata o 19 de novembro de 2024.

Tendo en conta que estaba previsto que a Xunta abonase este ano as achegas correspondentes ás fases de aprobación provisional e definitiva do documento, propúxose, por parte do Concello de Vigo, un reaxuste das anualidades de financiamento para os efectos de adecualas ás novas previsións de desenvolvemento dos traballos.

En concreto, os cambios afectan aos dous últimos pagos. Así, para este ano prevese que a Xunta contribúa ao financiamento do PXOM cunha partida de 246.840 euros, correspondente á aprobación provisional. Ademais, reaxústase na anualidade de 2024 a achega final do Goberno galego, por un importe de 205.000 euros, despois de que o novo plan xeral quede aprobado definitivamente.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...