InicioPolíticaO BNG pide o apoio das administracións para "blindar" a continuidade de...

O BNG pide o apoio das administracións para “blindar” a continuidade de Conxemar e reclamar unha sede de FAO

O portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas, manifestou o apoio á feira de Conxemar, que "pon a Vigo no mapa" e reclamou ás administracións "que despreguen un maior esforzo para blindar a continuidade" deste evento "estratéxico", "para que siga sendo un emblema da cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG reclamou este venres o apoio das administracións para “blindar” a continuidade da Feira Conxemar en Vigo, así como a mobilización dos recursos necesarios para que a cidade poida contar cunha oficina da FAO, tal e como o Goberno de España avanzara en xullo do ano pasado.

Así o trasladaron a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda; o portavoz do BNG no Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas; e a deputada autonómica, Carmela González, tras manter un encontro co presidente e a directora xeral de Conxemar, Eloy García e Yobana Bermúdez, respectivamente.

Ana Miranda manifestou o apoio do BNG á Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados de Conxemar, que celebrará a súa 24ª edición entre o 3 e 5 de outubro no Instituto Feiral de Vigo, e explicou que a próxima semana, no Parlamento Europeo, trasladará ao ministro Luís Planas a importancia deste evento. Segundo subliñou, o peso de Vigo “é moi diferente” ao doutros lugares pesqueiros, polo que instou a todas as administracións a apoiar “unha das feiras máis importantes do mundo”.

Respecto diso, puntualizou que o BNG “defende o que fai Conxemar”, é dicir, “a promoción, venda, boa calidade e boa rastrexabilidade dos produtos galegos“, e explicou que, por iso, presentaron varias emendas no informe de organización común de mercados de produtos da pesca e a acuicultura nesa liña. Por outra banda, Miranda prometeu tamén trasladar ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación a importancia de Vigo conte cunha oficina da FAO.

FEIRA QUE “PON A VIGO NO MAPA”

Na mesma liña, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tamén manifestou o apoio á feira de Conxemar, que “pon a Vigo no mapa” e reclamou ás administracións “que despreguen un maior esforzo para blindar a continuidade” deste evento “estratéxico”, “para que siga sendo un emblema da cidade“.

Por outra banda, manifestou a “preocupación” do BNG por que non se materializou a apertura dunha oficina da FAO en Vigo, máis dun ano despois de que o Goberno ofrecese a este organismo da ONU o seu apoio para crear no Porto de Vigo a oficina da Rede Global de Portos Azuis.

Nese sentido, anunciou que o BNG promoverá unha declaración institucional no Concello de Vigo para que reclame “a todas as administracións, empezando polo Goberno de España”, a instalación desa sede, porque “é o momento de pasar das palabras aos feitos” e porque “hai que mobilizar recursos e non chega con boas intencións”.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...