InicioPolíticaO PSOE de Ponteareas anuncia que levará á Fiscalia o feito de...

O PSOE de Ponteareas anuncia que levará á Fiscalia o feito de que a alcaldesa Nava Castro deixe a un familiar usar instalacións municipais

Tilda o feito de "prácticas caciquís".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Ponteareas anunciou que levará á Fiscalía “prácticas caciquís” da alcaldesa do municipio pontevedrés, Nava Castro. Nun comunicado, os socialistas denuncian que no pleno celebrado este luns a rexedora “admitiu que un familiar seu usa instalacións municipais” por consideralo “persoal da súa confianza”.

“O PSOE denuncia a gravidade dos feitos, xa que a alcaldesa utiliza a institución municipal e os medios públicos ao seu antollo incumprindo toda a lexislación de persoal, posto que está a utilizar persoal do PP e mesmo familiares seus en tarefas municipais, sen que estas teñan ningunha vinculación laboral nin de representación na actualidade co Concello”, censuran.

Así, neste comunicado, a portavoz socialista, Vanesa Fernández, lembrou que “non existe ningunha praza no persoal do concello para cargos de confianza”. Nesta liña, asegurou que non van consentir que Nava Castro faga do Concello “o seu chiringuito particular”. Por iso, avanzou que o PSOE elevará escrito á Fiscalía para que a alcaldesa “cese nestas condutas irregulares” que, segundo apuntou, “lembran á época do enchufismo en Ponteareas”.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...