InicioPolíticaCaballero mantén sen cambios Urbanismo, Facenda e Fomento, e Espinosa levará sete...

Caballero mantén sen cambios Urbanismo, Facenda e Fomento, e Espinosa levará sete áreas

A Xunta de Goberno acorda a adscrición á Alcaldía de 20 postos para persoal eventual

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou o decreto polo que resolve a configuración do novo goberno municipal, no que as grandes áreas non reflicten cambios, aínda que si se dá o caso de repartir una mesma responsabilidade entre dous edís, como é o caso as áreas de Comercio, Educación, Turismo ou Medio Ambiente.

Segundo o decreto de alcaldía, Jaime Aneiros seguirá sendo concelleira de Facenda e Orzamentos; Javier Pardo continuará á fronte de Fomento e Servizos; e María José Caride seguirá sendo concelleira de Urbanismo (e agora tamén de Vivenda).

A primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, volverá ostentar a Concellaría de Patrimonio Histórico, pero tamén terá responsabilidades en Igualdade e Normalización Lingüistica. Así mesmo, Gorka Gómez pasará a dirixir a área de Cultura, tras ser concelleiro de Educación; e Educación terá dous concelleiros responsables: Olga Alonso e Elena Espinosa; mentres que Ana Mejías pasará a encargarse de Limpeza, Auga e Transporte Público; e créase a concellaría de Estudos e Análise Económica para Abel Losada.

Outras das áreas de goberno que son dirixidas simultaneamente por dous edís son Turismo (Elena Espinosa e Manel Fernández), Medio Ambiente (Espinosa e Nuria Rodríguez), Educación (Olga Alonso e Espinosa), Xuventude (Espinosa e Carmen Lago), Participación Cidadá (Ángel Rivas e Pablo Estévez) ou Comercio (Ángel Rivas).

Polo demais, o resto de áreas mantéñense sen apenas cambios. Así, Ángel Rivas seguirá sendo concelleiro de Festas Especiais (ademais das outras responsabilidades, Patricia Rodríguez volverá levar á área de Seguridade e tamén Contratación, Persoal e Festas; e Yolanda Aguilar será concelleira de Política Social.

Do mesmo xeito que no anterior mandato, Carlos López Font exercerá como portavoz do goberno local e o grupo socialista; e Elena Espinosa, ademais de Educación, Deporte, Xuventude, Turismo ou Medio Ambiente, tamén será edila de Emprego e Fondos Europeos.

PERSOAL DE ALCALDÍA

Por outra banda, a Xunta de Goberno local acordou a adscrición de 20 persoas como persoal eventual da Alcaldía, entre quen están o secretario ou secretaria persoal do rexedor, o director ou directora de Comunicación, un director ou directora de Gabinete, un adxunto ou adxunta a esa dirección, un asesor/a de Relacións Institucionais, 8 asesores máis e 7 auxiliares.

Aprobar esta relación de 20 postos, cuxa dotación orzamentaria rolda os 680.000 euros anuais, non supón que se vaian a cubrir integramente. De feito, o número de persoas adscritas para a Alcaldía para o mandato 2019-2023 era de 10, aínda que só 7 postos estaban cubertos, e o custo anual era de algo máis de 333.000 euros.

Á marxe deste persoal, os grupos municipais, en función da súa representación no pleno, dispoñen de determinado número de auxiliares e asesores.

ÚLTIMAS

Netflix escolle Vigo para a promoción do ‘Xogo da Lura’

Vigo, a cidade das luces, volve ser protagonista este Nadal, pero desta vez non...

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...