InicioPolíticaCarmela Silva e David Regades poderían ser cabezas de lista en Pontevedra...

Carmela Silva e David Regades poderían ser cabezas de lista en Pontevedra a Senado e Congreso

Abel Caballero asegura que serían moi bos candidatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

o PSdeG xa comezou a mover fichas na provincia de Pontevedra de cara aos vindeiros comicios xerais. Así, o alcalde en funcións de Vigo, Abel Caballero, sostivo que a presidenta da Deputación de Pontevedra en funcións, Carmela Silva, sería “unha boa candidata” ao Senado e o delegado do consorcio Zona Franca Vigo, David Regades, ao Congreso.

Así o asegurou nunha entrevista na Cadena Ser recollida por Europa Press na que foi cuestionado sobre as listas dos socialistas na provincia de Pontevedra para as eleccións xerais previstas para o próximo 23 de xuño. Neste sentido, Caballero asegurou que Silva sería “unha senadora magnífica”, á vez que defendeu tamén a posible candidatura do secretario provincial do partido, David Regades. “É un político excepcional”, expresou.

Con todo, sinalou que xente doutros lugares “como Pontevedra ou Vilagarcía” tamén deberían ocupar postos de saída nas listas para o próximo 23 de xuño, xa que, segundo reivindicou, as expectativas dos socialistas nestes comicios son “elevadas”.

“O importante é que os que saian elixidos e lideren as posicións dos partidos sexan xente de solvencia política e de capacidade. Sen dúbida, Carmela Silva demostrou unha atención excepcional a todos os municipios da provincia. Tratou a cada municipio de acordo coa súa poboación e non excluíu a ninguén pola cor política”, defendeu.

Sobre a perda da Deputación en favor dos populares, o alcalde da cidade olívica afirmou que “se perdeu dunha forma democraticamente inexplicable“, na súa opinión, pola “infrarrepresentación de Vigo”.

RESULTADOS VIGO

Cuestionado polos resultados en Vigo, onde repetirá como alcalde tras outra maioría absoluta, Caballero reivindicou que o que gañou o pasado domingo non foi “a lista do PSOE ou Abel Caballero”, senón que gañou “un modelo de cidade“. Así mesmo, cualificou os resultados do PP na cidade olívica como “calamitosos” e expuxo que os populares obtiveron “o segundo peor resultado do PP na historia de Vigo” e “o peor resultado do PP en todas as cidades”.

CANDIDATO PSDEG

Preguntado polo candidato do PSdeG á Xunta, Abel Caballero insistiu en que serán as primarias do partido as que o elixan. Sobre o momento no que se producirán esas primarias, o rexedor vigués desexou que se realicen cando “haxa acougo para tomar unha decisión política desta envergadura”.

“Pode ser setembro unha boa data”, recoñeceu, aínda que ve “conveniente” facelas pronto porque o candidato que salga “ten que facer a súa formulación político”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...