InicioPolíticaFeijóo califica a Caballero de "personaxe" e di que fai o ridículo...

Feijóo califica a Caballero de “personaxe” e di que fai o ridículo polas luces de Nadal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A evolución da personaxe que perde o sentido da realidade é total. Xa non sei se esa personaxe e ese ridículo son incompatibles”. Con esta contundencia describiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao alcalde vigués, Abel Caballero, tras anunciar o acendido de Nadal en pleno verán.

Preguntado sobre a posibilidade de que no concello vigués se abra unha Comisión de Investigación sobre a súa relación co narco Marcial Dorado, Feijóo dixo que, a pesar dos anuncios feitos con anteioridade por Caballero, “non lle deixa de sorprender esta personaxe política que se supera cada día”. De feito, remitiu aos propios informadores á rolda de prensa do pasado mércores de Abel Caballero na que anunciou a iluminación de Nadal. “Eu vin o vídeo e non saío do meu asombro”, dixo.

Feijóo, con Dorado
Feijóo, con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

En todo caso, o presidente galego evitou a cuestión de Dorado atacando a Caballero e insistiu que “cada galego xa pode calificar a ese señor por si mesmo”. “Está claro que hai unha evolución dunha personaxe que perde o sentido da realidade”, concluíu.

 

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...