InicioPolíticaO BNG xa ten candidato en Vigo, Xabier Pérez Igrexas

O BNG xa ten candidato en Vigo, Xabier Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A aposta do ex reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, como candidato do BNG de Vigo non fructificou. Tampouco a da eurodeputada Ana Miranda, que figuraba nas quinielas. Finalmente, a militancia viguesa decidiu elixir a Xabier Pérez Igrexas para encabezar a lista nacionalista ás eleccións municipais de 2019.

Igrexas ten unha longa experiencia no activista político e social da cidade. Participa de diferentes movementos sociais desde 1998 e é militante da UPG e afiliado CIG. Destaca pola súa relacións cos medios e pola súa participación como columnista en numerosos xornais. De feito, é un dos impulsores do semanario Sermos Galiza.

Na súa intervención ante a militancia defendeu que o BNG traballará por unha “cidade como unha verdadeira comunidade, coas persoas no centro das políticas” e recalcou que o BNG situará o foco nos problemas e nas necesidades reais da veciñanza “para converter Vigo nunha cidade que xere oportunidades”.

Tamén dixo que o obxectivo do BNG en Vigo é recuperar unha presenza determinante no concello de Vigo porque “o BNG sempre fixo avanzar o noso concello con coherencia, con políticas nacionalistas e de esquerdas e sempre ao servizo da veciñanza”, afirmou.

 

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...