InicioPolíticaO BNG de Vigo denuncia un "autogolpe urbanístico" por parte do concello

O BNG de Vigo denuncia un “autogolpe urbanístico” por parte do concello

Recorre a suspensión "ilegal" do cómputo do prazo da ordenación provisional por parte de Urbanismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo presentou recurso de reposición contra o acordo da Xerencia de Urbanismo para suspender durante 3 meses o cómputo do prazo de vixencia do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP), por considerar que se trata dunha decisión “ilegal”, adoptada de forma “unilateral”, sen sometela a ditame do Pleno e que “carece de motivación”.

Segundo confirmou o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, a suspensión dese prazo é “un verdadeiro autogolpe urbanístico” e vaise a traducir en “unha colosal inseguridade xurídica”, ademais de atrasar a tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Pérez Igrexas asegurou que, ao contrario do que mantén o goberno local, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, “carece de competencias para adoptar esa resolución” e que o propio secretario do Concello advertiu de que debe ser sometida a debate no Pleno e contar con ditame do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, “que non foi consultado”.

O concelleiro do BNG lembrou que a vixencia do IOP está condicionada ao cumprimento duns prazos de tramitación da novo PXOM, e que a data tope para ter aprobado provisionalmente o plan urbanístico é o 18 de maio. Coa decisión da Xerencia suspéndese o cómputo do prazo, e o argumento do goberno local é a demora na emisión de informes por parte da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...